Orto helíaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O orto helíaco dunha estrela é a súa primeira aparición polo horizonte leste despois do seu período de invisibilidade –aproximadamente seis meses–. É un caso particular de orto.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Dependendo da magnitude visual da estrela, o orto helíaco producirase nos solpores, co Sol a 12º ou 6º, por debaixo do horizonte, antes do amencer.[2] O día do seu orto helíaco, a estrela fai a súa primeira aparición durante breve tempo, xa que axiña o amancer do Sol agocharaa. A partir de entón, a distancia angular estrela-Sol increméntase e será visible durante períodos máis longos de tempo, ata que finalmente brille en plena noite.[3]

Lista de orto helíaco por estrela[editar | editar a fonte]

Orto helíaco dende o ecuador, os trópicos e os círculos polares en 2014.
Estrela Ecuador Trópico de Cáncer Trópico de Capricornio Círculo polar ártico Círculo polar antártico
Sirius (α Canis Majoris) 9 de xullo 25 de xullo 22 de xuño 7 de setembro 6 de maio
Canopus (α Carinae) 4 de xullo 15 de agosto 23 de maio non visible circumpolar
Artur (α Bootis) 9 de novembro 24 de outubro 28 de novembro 24 de setembro 12 de febreiro
Alpha Centauri (α Centauri) 13 de novembro 22 de decembro 19 de setembro non visible circumpolar
Vega (α Lyrae) 6 de xaneiro 9 de decembro 1 de febreiro circumpolar non visible
Rigel (β Orionis) 18 de xuño 2 de xullo 5 de xuño 20 de agosto 3 de maio
Proción (α Canis Minoris) 24 de xullo 31 de xullo 17 de xullo 23 de agosto 16 de xuño
Achernar (α Eridani) 24 de abril 18 de xuño 12 de marzo non visible circumpolar
Betelgeuse (α Orionis) 28 de xuño 6 de xullo 22 de xuño 9 de agosto 1 de xuño
Hadar ou Agena (β Centauri) 4 de novembro 13 de decembro 9 de setembro non visible circumpolar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Britton's & Christopher Walker's chapter 'Astronomy and Astrology en Mesopotamia' "Astronomy before the telescope", 1969, British Museum Press, Pg
  2. Show Me a Dawn, or "Heliacal," Rising
  3. Archaic Astronomy and Heliacal Rising