Apse
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Un apse (do grego ἁψίς) é o punto de maior ou menor distancia dun corpo a un dos focos da súa órbita elíptica. En mecánica celeste este foco é tamén o centro de atracción, que é normalmente o centro de masas do sistema.
O punto de máxima aproximación (o punto no que os dous corpos están máis cerca) chámase periapse ou pericentro, namentres que o punto de maior afastamento chámase apoapse ou apocentro. Á liña recta trazada cruzando o apoapse e o periapse chámaselle liña de ápsides, e coincide co eixo maior da elipse, que é a liña que atravesa a parte máis longa dunha elipse.
Os termos derivados úsanse para identificar o corpo orbitado. Os máis comúns son perixeo (do grego περί peri = arredor de, e Γαῖα Gaia = Terra) -punto da órbita máis preto da Terra- e apoxeo (do grego ἀπό apó = lonxe, e Γαῖα Gaia = Terra) para referirse a órbitas arredor da Terra e perihelio (do grego περί perí = arredor de, e ἥλιος Helios = Sol) e afelio (do grego ἀπό apó = lonxe, e ἥλιος Helios = Sol) para referirse a órbitas arredor do Sol. Para órbitas arredor da Lúa úsanse os termos perilúa e apolúa.
Fórmulas matemáticas
[editar | editar a fonte]Estas fórmulas caracterizan o periapse e o apoapse dunha órbita:
- Periapse: velocidade máxima a distancia (periapse) mínima
- Apoapse: velocidade mínima a distancia máxima (apoapse)
De acordo coas leis de Kepler (baseadas na conservación do momento angular) e coa conservación da enerxía, esas dúas cantidades son constantes para unha órbita dada:
- Momento angular relativo específico
- Enerxía orbital específica
onde:
- é o semieixo maior.
- é o parámetro gravitacional estándar.
- é a excentricidade, definida como
Para a conversión de alturas sobre a superficie a distancias entre unha órbita e o seu primario, o radio do corpo central debe sumarse, e á inversa. A media aritmética das dúas distancias limitantes é a lonxitude a do semieixo maior. A media xeométrica das dúas distancias é a lonxitude do semieixo menor, b. A media xeométrica das dúas velocidades é , a velocidade correspondente á enerxía cinética que, en calquera posición da órbita e sumada á enerxía cinética existente, faría que o corpo orbitante escapase.