Lustro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un lustro é un período de cinco anos. É unha verba na actualidade case en desuso.

Etimoloxicamente provén do latín lustrum (limpo, puro), referíndose á ceremonia da Lustración (purificación) que se celebraba cada 5 anos, a máis importante da Roma primitiva. Nela celebrábanse unha serie de ritos e unha comida. Tódolos pater familiae (os patricios) estaban obrigados a asistir, perdendo os seus dereitos cidadáns ata a próxima lustración quen se ausentase. Ese era un castigo moi importante, xa que se perdía ata o dereito a preitear.