Mena Suvari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mena Suvari
Mena Suvari 2012.jpg
Suvari no 2012.
Nome completoMena Alexandra Suvari
Nacemento13 de febreiro de 1979 (44 anos)
LugarNewport, Rhode Island, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enRocky Hill School
PaiAndo Suvari
Cónxuxe(s)Robert Brinkmann (2000-2005)
Simone Sestito (2010-2012)
ProfesiónActriz, deseñadora e modelo
Na rede
IMDB: nm0002546 Allocine: 34375 Rottentomatoes: celebrity/mena_suvari Allmovie: p223626 Metacritic: person/mena-suvari TV.com: people/mena-suvari
Twitter: menasuvari Instagram: menasuvari Last fm: Mena+Suvari Musicbrainz: de52e04a-cff3-4013-9d4a-93c6dcb6411f Discogs: 287379 Allmusic: mn0000421591 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mena Alexandra Suvari, nada en Newport o 13 de febreiro de 1979, é unha actriz e modelo estadounidense. Pouco despois de comezar a súa carreira de modelo, Suvari comezou a aparecer en pequenos papeis de televisión en emisións como Boy Meets World e High Incident.

O seu primeiro filme foi o drama Nowhere (1997). Acadou a fama internacional polo seu papel de Angela Hayes en American Beauty e como Heather Gardner en American Pie (ámbolos dous de 1999). Retomou o seu papel de Heather en American Pie 2 (2001) e American Reunion (2012). Tamén apareceu en The Rage: Carrie 2 (1999), Loser (2000), Sugar & Spice (2001), Spun (2002), Trauma (2004) e na serie da HBO Six Feet Under (2001–05). Suvari é modelo para Lancôme e aparece en anuncios de Lancôme Paris Adaptîve, ademais de saír en varias revistas e blogs de moda, como Vogue.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]