Kevin Spacey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kevin Spacey no 2009.

Kevin Spacey, nado o 26 de xullo de 1959 en South Orange, Nova Jersey, é un actor e director estadounidense, gañador de dous premios Óscar de Hollywood.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kevin Spacey naceu en South Orange, no estado de Nova Jersey, co nome Kevin Spacey Fowler. É o irmán menor dos tres fillos dun matrimonio formado por un pai redactor técnico, e unha nai secretaria. O traballo do pai motivou que a familia se mudase en varias ocasións, vivindo en distintas localidades do país. Finalmente establecéronse en California, onde o pequeno Kevin puxo de manifesto o seu carácter falcatrueiro. Os seus pais enviárono a un internado dirixido por militares, do que foi expulsado ós poucos meses. Ingresou entón nun colexio do Val de San Fernando, preto de Los Angeles. Alí Spacey encontrouse a gusto, e comezou a participar no teatro afeccionado da escola.

Finalizada a escola, e tras unha breve estancia nun colexio de actuación de Los Ángeles, Spacey marchou a Nova York e comezou a estudar interpretación no prestixioso Juilliard School. Dous anos despois era tan degoado por actuar, que abandonou o colexio antes de graduarse e se incorporou ó Festival de Shakespeare de Nova York.

En 1981 Spacey apareceu por primeira vez no teatro, interpretando a un mensaxeiro na obra de Shakesperare Henrique VI. O ano seguinte actuou nun drama de Ibsen en Broadway. Deuse de conta de que o seu camiño estaba no cine, pero aínda así, Spacey seguiu actuando regularmente no teatro e gañou en 1991 un premio Tony, o equivalente ós Óscar no teatro.

Introduciuse no cine a mediados da década de 1980, con papeis secundarios en películas de éxito como Heartburn (con Jack Nicholson e Meryl Streep) e Working Girl (con Harrison Ford, Sigourney Weaver e Melanie Griffith). En 1992 participou en Glengarry Glen Ross, cun elenco de ilustres actores, coma Al Pacino, Jack Lemmon ou Ed Harris. A súa consagración como estrela foi co thriller Se7en, xunto a Brad Pitt e Morgan Freeman.

Spacey gañou dous Óscar, un como mellor actor secundario e outro como mellor actor principal, este último por American Beauty en 1999. En 2003, Spacey foi nomeado director artístico do teatro Old Vic en Londres, un dos teatros máis prestixiosos de lingua inglesa. Alí dirixe unha nova compañía teatral, que actúa durante oito meses ó ano, e da que Spacey é actor, ademais de director. Entre outras obras, estreou en Londres Cloaca, da dramaturga Maria Goos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Oscar
Ano Categoría Película Resultado
1999 Mellor actor American Beauty Gañador
1995 Mellor actor secundario The Usual Suspects Gañador
Premios Globo de Ouro
Ano Categoría Película Resultado
2011 Mellor actor - Comedia ou musical Casino Jack Nomeado
2004 Mellor actor - Comedia ou musical Beyond the Sea Nomeado
2003 Mellor actor - Drama The Life of David Gale Nomeado
1999 Mellor actor - Drama American Beauty Nomeado
1997 Mellor actor - Drama L. A. Confidential Nomeado
1995 Mellor actor secundario The Usual Suspects Nomeado
Premios BAFTA
Ano Categoría Película Resultado
1999 Mellor actor American Beauty Gañador
1997 Mellor actor L.A. Confidential Nomeado
Premios do Sindicato de Actores
Año Categoría Película Resultado
1999 Mellor actor American Beauty Gañador
1997 Mellor elenco de actores L.A. Confidencial Nomeado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kevin Spacey Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]