Demetrio Constantinovich de Rusia
Demetrio Constantinovich | |
---|---|
Gran Duque de Rusia | |
![]() | |
Nacemento | 13 de xuño de 1860 Strelna, Imperio Ruso |
Falecemento | 28 de xaneiro de 1919 (58 anos) San Petersburgo, República Socialista Federativa Soviética de Rusia |
Proxenitores | Constantino Nikolaevich de Rusia Alexandra de Saxonia-Altenburgo |
Na rede | |
![]() | |
Demetrio Constantinovich, (en ruso : Димитрий Константинович), nado o 13 de xuño de 1860 en San Petersburgo, e asasinado na mesma cidade polos Bolxeviques o 28 de xaneiro de 1919.
Fillo do gran duque Constantino Nikolaevich de Rusia e da súa esposa, a princesa Alexandra de Saxonia-Altenburgo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Á idade de sete anos foi confiado a Aleksei Zelenoi, oficial que servira ás ordes do seu pai na Mariña imperial. Como os demais homes da familia, foi destinado á carreira militar.
Contaba con catorce anos cando o seu irmán máis vello Nicolao Constantinovich foi protagonista un escándalo polo roubo dun diamante á súa propia nai para gastar os beneficios na vida disipada que levaba. Este incidente fixo que os seus pais fosen moi severos coa súa educación e a dos seus irmáns.
Aos quince anos ingresou na mariña, que abandonou en 1879, causando así unha gran decepción no seu pai que abrigaba a esperanza de ter algún fillo que seguise as mesmas armas que el.
Ao alcanzar a idade de pensionado do exército imperial dedicouse á súa paixón, o cabalo e a levar unha vida tranquila en Crimea. Cando estalou a primeira guerra mundial a súa extremadamente deficiente vista impediulle enrolarse de novo no exército.
Durante a revolución[editar | editar a fonte]
Ao estoupar a Revolución de Outubro de 1917, a Cheka publicou un decreto que obrigaba a rexistrarse a todos os homes da casa imperial. Grigori Zinóviev e Moiséi Uritski, dirixentes do Soviet de Petrogrado, decidiron enviar ao desterro aos homes Romanov. Ante o perigo de ocupación alemá ofrecéuselle o lugar ao que quería ir detido entre: Vologda, Olonets ou Vyatka, escolleu Vologda, cidade máis próxima da capital. O 18 de abril de 1918, acompañado da súa sobriña Tatiana Constantinovna de Rusia, de dous fillos desta e de axudante coronel Aleksandr Korochentzov abandonaron Petrogrado cara o exilio. En Vologda, Demetrio Constantinovich e os outros detidos ocuparon dúas habitacións na casa dun comerciante local.
Pouco despois da chegada a Vologda, coñeceron o arresto dos seus curmáns, os Grandes duques Xurxo Mikhailovich e Nicolao Mikhailovich, fillos do gran duque Miguel Nikolaevich, e o príncipe Gabriel Constantinovich.
En maio de 1918, o coronel Alexander von Leiming, un dos axudantes do gran duque Demetrio chegou a Vologda, para axudarlle a escapar a Finlandia, pero o Gran duque negouse a abandonar o país.
O 14 de xullo de 1918, foi transportado, só, a un pequeno pobo onde o poderían vixiar máis facilmente. Alí foron levados tamén os grandes duques Xurxo Mikhailovich e durante o seu cativerio foron informados do asasinato do emperador Nicolao II e a súa familia o 17 de xullo de 1918.
Retorno a Petrogrado[editar | editar a fonte]
O 21 de xullo de 1918, Demetrio e os outros grandes duques foron trasladados a Petrogrado. Alí foron encarcerados con outro seis detidos, na mesma cela situada na sede da Cheka. Dixéronlles que os detiveron para salvalos do linchamento popular. Daquela foron trasladados á prisión de Kresty e máis adiante á prisión de Shpalernaya, onde foron tratados con certa "consideración", principalmente deixábanlles facer camiñadas cotiás e permitíronlles enviar correspondencia.
Grazas á intervención de coñecidos como Maksim Gorki, tentouse conseguir de Lenin a liberación do príncipe Gabriel Constantinovich.[1] A finais de 1918, o príncipe enfermou, foi finalmente liberado e permitíuselle abandonar Rusia a través de Finlandia.[1][2]
Asasinato[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Execución da familia Romanov#O destino dos outros Romanov.
Do seu asasinato non existe ningunha testemuña directa. Todas as informacións están baseadas en rumores, testemuños de segunda man que varían nalgúns puntos.[3] Pero no seu conxunto sábese como se desenvolveron as súas últimas horas. Ao once e media da noite do 27 de xaneiro de 1919, os gardas espertaron aos grandes duques Demetrio, Nicolao e Xurxo e informáronlles que serían trasladados. Demetrio e Nicolao pensaron que lles levaban a outro sitio ou que os liberarían, Xurxo, en cambio, sospeitou o fusilamento.
Foron subidos ao camión con algúns delincuentes comúns e seis gardas vermellos. Á unha e 20 da mañá do 28 de xaneiro de 1919, saíron da prisión. O camión andou cara ao río atravesando os Campos de Marte, nun certo punto detívose por avaría. Nese momento un dos detidos tentou fuxirse e foi detido por un disparo nas costas. Finalmente volveron arrincar e foron levados á Fortaleza de San Pedro e San Paulo. Baixando do vehículo, dirixíronos ao chamado bastión Trubertskói. Cando lles ordenaron quitarse as camisas viron que a execución era inminente e déronse un último abrazo fraternal.[4]
Nese momento, os soldados trouxeron a outra persoa, Demetrio recoñeceu ao seu primo o gran duque Paulo Romanov. Daquela foron levados a unha trincheira. Foron aliñados ante a fosa onde se atopaban xa trece corpos. Nicolás chegara ao lugar da execución co seu gato, que confiou a un soldado pedíndolle que coidase o animal. O gran duque Jorge rezou unhas oracións e Demetrio exclamou as palabras do Evanxeo: "Perdóaos, Señor, porque non saben o que fan".[5] O gran duque Paulo, moi enfermo, foi executado na padiola na que o transportaron.[5]
Ao terminar os asasinatos dos grandes duques, os seus corpos foron guindados á fosa. Os corpos de Nicolao Mikhailovich, Paulo Romanov e Xurxo Mikhailovich nunca foron atopados, pois a fosa foi cuberta por un ferro de cemento dun metro e medio de espesor. Con todo, o corpo de Demetrio foi recuperado ao día seguinte por Alexander von Leiming; que o envolveu nunha alfombra e levouno para ser inhumado de forma secreta no xardín dunha casa de Petrogrado onde aínda repousa.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Demetrio Constantinovich de Rusia ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alexander, Grand Duke of Russia, Once a Grand Duke, Cassell, Londres, 1932.
- Chavchavadze, David, The Grand Dukes, Atlantic, 1989, ISBN 0-938311-11-5
- Cockfield, Jamie H, White Crow, Praeger, 2002, ISBN 0-275-97778-1
- King, Greg & Wilson, Penny, Gilded Prism, Eurohistory, 2006, ISBN 0-9771961-4-3
- Van der Kiste, John, The Romanovs 1818-1959, Sutton Publishing, 1999, ISBN 0-7509-2275-3.
- Zeepvat, Charlotte, Romanov Autumn , Sutton Publishing, 2000, ISBN 0-7509-2739-9
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Royal Russia (en inglés)