Miguel Nicolaievich de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Nikolaevich Romanov
Gran Duque de Rusia

Nacemento13 de outubro de 1832
Peterhof, San Petersburgo, Imperio ruso
Falecemento18 de decembro de 1909 (114 anos)
Cannes, Francia
ConsorteOlga Fedorovna de Baden
ProxenitoresNicolao I de Rusia
Carlota de Prusia

Na rede
WikiTree: Рома́нов-5 Find a Grave: 52703915 Editar o valor em Wikidata

Miguel Nicolaevich de Rusia, nado o 13 de outubro de 1832 e finado o 18 de decembro de 1909, foi o cuarto fillo de Nicolao I de Rusia e Carlota de Prusia e como tal obstentou o título de Gran Duque de Rusia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mariscal de campo da Mariña Imperial Rusa. De 1862 a 1882 residiu en Tbilisi como Gobernador Xeral do Cáucaso, durante a Guerra Ruso-Turca de 1877-1878 foi o comandante en xefe das tropas imperiais rusas no Cáucaso. En 1881 o emperador Alexandre III de Rusia nomeouno presidente do Consello de Estado.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou o 16 de agosto de 1857 coa princesa Icía de Baden, filla do gran duque Leopoldo I de Baden e Sofía de Suecia, quen adoptou o nome de Olga Fedorovna, e coa que tivo sete fillos:

  1. Gran duque Nicolao Mikhailovich de Rusia (1859-1919)
  2. Gran duquesa Anastasia Mikhailovna de Rusia (1860-1922)
  3. Gran duque Miguel Mikhailovich de Rusia (1861-1929)
  4. Gran duque Xurxo Mikhailovich de Rusia (1863-1919)
  5. Gran duque Alexandre Mikhailovich de Rusia (1866-1933)
  6. Gran duque Sergei Mikhailovich de Rusia (1869-1918)
  7. Gran duque Alexei Mikhailovich de Rusia (1875 - 1895)

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Darryl Lundy (10 de maio de 2003). thePeerage.com, ed. "Genealogia del granduca Michail Nikolaevič Romanov". Consultado o 14 de setembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ZEEPVAT, Charlotte, "The Camera and the Tsars", Sutton Publishing, 2004

Outros artigos[editar | editar a fonte]