Asasinato de Alexandre II de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O asasinato de Alexandre II (1881), ilustración de Gustaf Broling.

O asasinato do tsar Alexandre II de Rusia tivo lugar o 1 de marzoxul./ 13 de marzo de 1881greg. en San Petersburgo, Rusia. Mentres o tsar se dirixía ao picadeiro Mikhailovskii na súa carruaxe, foi vítima dun atentado con bomba, que fixo que a comitiva imperial se detivese. O tsar descendeu da carruaxe para comprobar os danos e nese momento, outro terrorista lanzou unha segunda bomba que estoupou aos pés do emperador.

Alexandre II xa sobrevivira a outros intentos de acabar coa súa vida.[1] O asasinato do tsar é considerado como unha das accións de maior éxito do movemento nihilista ruso do século XIX.

Os conspiradores[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Pervomartovtsii e Narodnaia Volia.

O rexicidio foi ideado polo Comité Executivo de Narodnaia Volia ("Vontade do Pobo"), unha organización terrorista revolucionaria formada en 1879. Andreii Zheliabov foi o principal organizador. Cando Zheliabov foi arrestado uns días antes do ataque, a súa muller Sophia Perovskaia tomou as rendas do atentado.

Os plans dos terroristas[editar | editar a fonte]

Preparación da explosión na ponte[editar | editar a fonte]

O tsar Alexandre II de Rusia.

Tras o fracaso do intento de asasinato no Palacio de Inverno, os membros de Narodnaia Volia comezaron a preparar un novo ataque contra o tsar. Tras o ataque ao Palacio de Inverno, o emperador mostrouse máis cauto.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

A Igrexa do Salvador sobre o sangue derramado foi construída sobre o lugar do atentado.

Tras o atentado erixiuse un santuario temporal no lugar do ataque, mentres se recadaban os fondos necesarios para a construción do monumento final. Para levantar o santuario permanente sobre o lugar exacto no que tivo lugar o asasinato, decidiuse estreitar a canle, de modo que a sección da rúa sobre a cal tivo lugar o ataque ao tsar puidese quedar incluído no interior dos muros da igrexa. O monumento final foi erixido como a Igrexa do Salvador sobre o sangue derramado. A construción da igrexa comezou en 1883, baixo o reinado de Alexandre III, e foi completada en 1907, durante o reinado de Nicolao II.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]