Saltar ao contido

Xurxo Aleksandrovich Romanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo Aleksandrovich Romanov

(1889) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1871 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Pushkin Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 1899 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Abass-Tumàn Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAristocracia e actividade literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Rango militarxeneral Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGran Duque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor en Wikidata
PaisAlexandre III de Rusia Editar o valor en Wikidata  e Dagmar de Dinamarca Editar o valor en Wikidata
IrmánsNicolao II de Rusia
Alexandre Aleksándrovich Románov
Xenia Alexandrovna de Rusia
Miguel Aleksandrovich de Rusia
Olga de Rusia Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Albert Edelfelt's letters (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Романов-54
O Gran Duque Xurxo Aleksandrovich Romanov.

Xurxo Aleksandrovich Romanov (en ruso:  Гео́ргий Алекса́ндрович Ромáнов), nado en Tsarskoe Selo, o 9 de maio de 1871 e finado en Abbas Tuman o 9 de agosto de 1899, alcumado o salgueiro chorón pola súa familia debido á súa personalidade triste, foi o terceiro fillo do Tsar Alexandre III e da Emperatriz María Feodorovna Romanova.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Xurxo foi nomeado así en honor ao irmán da súa nai, o rei Xurxo I de Grecia.[1] De neno, gozou dunha saúde e fortaleza maior que a do seu irmán Nicolao. Podería describirse como o típico Romanov, alto, de bo parecer e cheo de alegría. Sempre andou facendo travesuras, xa que a súa nai tiña debilidade por el e permitíallo.[2] Como os seus irmáns, Xurxo recibiu unha educación espartana ao estilo inglés. Durmían en catres militares, levantábase ás seis da mañá e recibía un baño de auga fría, aínda que nalgunha ocasión podía utilizar a auga quente. As únicas trazas de ostentación que tiñan tanto Xurxo como Nicolao era unha icona rodeada de perlas e pedras preciosas.[3] Xurxo aprendeu da súa nai a importancia da vida familiar e grazas ao feliz matrimonio dos seus pais, tanto Xurxo como o resto dos seus irmáns creceron nunha atmosfera de amor e seguridade que non se podía ver noutras casas reais.[3] O 27 de maio de 1883, os pais de Xurxo foron coroados como Tsares de Rusia nunha cerimonia no Kremlin de Moscova. O Emperador e a Emperatriz recibiron unha homenaxe da Familia Imperial, incluídos os seus fillos, Nicolao e Xurxo. Esta foi a celebración máis importante ao longo da vida do Gran Duque.[4] A Familia Imperial residiu a maior parte do tempo baixo a seguridade do palacio de Gatchina.

Educación, carreira e saúde

[editar | editar a fonte]

Xurxo era considerado como o máis intelixente dos fillos da parella imperial.[5] Xurxo e o seu irmán Nicolao compartían os mesmos titores, pero estudaban en estancias separadas. O seu titor de inglés, Charles Heath, tamén fora titor dos seus tíos, os Grandes Duques Sergei e Paulo. Ambos irmáns falaban inglés e francés con fluidez, así como un aceptable alemán e danés.[5] Xurxo mostrou signos dunha prometedora carreira na Armada antes de caer enfermo de tuberculose en 1890.[6]

O Emperador Alexandre e a súa dona María decidiron enviar aos dous irmáns Xurxo e Nicolao a unha viaxe de nove meses no Xapón en 1890. Xurxo puido ir como un cadete da Armada e Nicolao para completar a súa educación vendo algo do mundo. A súa nai esperaba que o clima cálido e o ár do mar melloraría a saúde de Xurxo. Ambos abandonaron Gatchina o 4 de novembro de 1890. A Emperatriz, que nunca se separara dos seus fillos durante tanto tempo, botounos en falta terriblemente: Non podes imaxinar como de triste e duro é estar sen ti, o meu anxo, e como doe profundamente pensar nesta longa separación, escribiu nunha ocasión.[7] Nicolao e Xurxo viaxaron en primeiro lugar nun buque de guerra ata Atenas onde uníuselles o seu curmán Xurxo de Grecia. Desde alí, viaxaron ata Exipto. Desde Bombai, na India, Nicolao telegrafou que seu irmán Xurxo tivera que permanecer no barco debido a un problema coa súa perna. A Emperatriz alarmouse: Non podes imaxinar a angustia que pasei nos últimos días.[8] Xurxo, de feito, sufriu unha bronquite e foi enviado a Atenas onde puido ser examinado polos doutores.[8]

Tsarévich

[editar | editar a fonte]
O Gran Duque Xurxo Aleksandrovich.

En novembro de 1894, Alexandre III de Rusia finou e Nicolao II ascendeu ao trono. Nese momento, Nicolao non tiña fillos, e de acordo coas leis de sucesión do Imperio ruso, o Gran Duque Xurxo pasou a ser o novo tsarévich.[9] A saúde de Xurxo forzouno a instalarse en Likani en Xeorxia. Foi imposible para el regresar a San Petersburgo para o funeral do seu pai, xa que os doutores prohibíronllo.[10] Nicolao escribiulle: ...rezo constantemente por ti e pola túa pronta recuperación...[11] Xurxo tamén perdeuse o bautizo das fillas de Nicolao, Olga e Tatiana. Pouco despois do nacemento da terceira filla de Nicolao, María, en xuño de 1899, Xurxo escribiulle ao seu irmán: estou terriblemente triste de non poder ver as túas fillas nin coñecelas; pero que podo facer? Non é o meu destino, e todo é a vontade de Deus. [12]

Xurxo desfrutaba das visitas da Emperatriz viúva. En 1895 Xurxo e a súa nai visitaron Dinamarca. Non viran aos seus familiares dinamarqueses durante anos. A saúde de Xurxo empeorou de repente.[13] Como resultado prohibíuselle fumar e foi confinado na súa cama até que tivo as forzas suficientes para regresar a Likani.[14]

Xurxo finou repentinamente o 9 de agosto de 1899, con 28 anos. Saíu só a dar unha volta en motocicleta e horas máis tarde, ao ver que non regresaba, o persoal mandou buscalo. Cando foi atopado xa era demasiado tarde. Unha campesiña descubriuno tirado a un lado da estrada, afogándose no seu sangue. Agarrouno nos seus brazo ata que morreu.[15] A noticia chegou ao tsar por telegrama e tivo que darlle a triste nova á súa nai.[15] A morte de Xurxo foi un duro golpe para a familia, que quedou completamente devastada pola traxedia.[16]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. Lerche, Mandal, p.174
  2. Hall, p.93
  3. 1 2 Hall, p.61
  4. Hall, p.103
  5. 1 2 Hall, p.94
  6. Lerche, Mandal, p.181
  7. Hall, p.144
  8. 1 2 Hall, p.145
  9. Barkovets, Tenikhina, p.97
  10. Hall, p.165
  11. Maylunas, Mironenko, p.108
  12. Maylunas, Mironenko, p.172
  13. Maylunas, Mironenko, p.176
  14. Maylunas, Mironenko, p.119
  15. 1 2 Hall, p.186
  16. Hall, p.173

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barkovets, A.I.; V.M.Tenikhina (2006). Empress Maria Fiodorovna. San Petersburgo: Abris Publishers. ISBN 0-85683-177-8.
  • Hall, Coryne (1999). Little Mother of Russia - A Biography of Empress Marie Feodorovna. Londres: Shepheard-Walwyn (Publishers) Ltd. ISBN 978-0-85683-229-1.
  • Korneva, Galina; Tatiana Cheboksarova (2006). Empress Maria Feodorovna's Favourite Residences in Russia and Denmark. San Petersburgo: Liki Rossi.
  • Lerche, Anna; Marcus Mandal (2003). A Royal Family : The Story Of Christian IX And His European Descendants. Egmont Lademann A/S Dinamarca. ISBN 87-15-10957-7.
  • Maylunas, Andrei; Sergei Mironenko (1997). A Lifelong Passion : Nicholas and Alexandra - Their Own Story. Londres: Phoenix. ISBN 0-7538-0044-6.
  • Romanova, Xenia Alexandrovna, Grand Duchess (1899). Diary of Grand Duchess Xenia Alexandrovna for 1899. Arquivo Estatal Ruso, Moscova.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]