Pedro II de Rusia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Pedro II de Rusia | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 12 de outubro de 1715 |
San Petersburgo | |
Falecemento | 19 de xaneiro de 1730, 29 de xaneiro de 1730 e 1730 |
Moscova | |
Pai | Alexei Petrovich |
Nai | Carlota Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel |
Relixión | Igrexa ortodoxa e Cristianismo ortodoxo |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pedro II de Rusia (en ruso: Пётр II Алексеевич ou Pyotr II Alekseyevich), nado o 23 de outubro de 1715 e finado o 30 de xaneiro de 1730, foi o Emperador de Rusia dende 1728 até a súa morte. Foi o único fillo do tsarévich Aleksei Petrovich, fillo de Pedro o Grande e da súa dona Eudoxia lupokhina. Foi o único home na liña sucesoria directa de Pedro o Grande.

Pedro naceu en San Petersburgo o 18 de outubro de 1715 polo calendario xuliano. Dende a súa infancia, o orfo Gran Duque foi estritamente apartado do seu cargo. O seu avó, Pedro o Grande, ignorouno sistematicamente. A súa educación correu a cargo, nos primeiros anos, por parte dun capitán chamado Norman, o cal lle ensinou as bases da navegación, cando se fixo máis grande, a súa educación continuou a cargo dun refuxiado húngaro, Janos Zeikin.
Durante o reinado de Catalina I, Pedro seguía sendo ignorado, pero xusto despois da morte de Catalina Pedro deuse conta do poder que acumulaba na súa persoa. A maioría da nación e tres cuartas partes da nobreza apoiábano, mentres que o seu primo (e rival), o Emperador Carlos IV, a través do seu embaixador en San Petersburgo, persistía nas súas demandas para obter o poder. O problema sucesorio arranxouse entre os dous enviados das partes litigantes, Aleixandre Danilovich Menshikov e Andrei Osterman.
O 18 de maio de 1727, Pedro foi proclamdo como Soberano Autócrata de todos os rusos
A coronación levouse a cabo en Moscova, o 25 de febreiro de 1728.
Pedro morreu o 30 de xaneiro de 1730 por causa dunha rubeola