Miguel I de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel I de Rusia
Michael-I-Romanov-Wedekind - detail.jpg
Tsar de Rusia
Período21 de febreiro de 1613 - 12 de xullo de 1645
AntecesorLadislau IV de Polonia
SucesorAlexis I
Datos persoais
Nacemento12 de xullo de 1596
 Moscova
Falecemento13 de xullo de 1645
 Moscova
PaiPatriarch Philaret of Moscow
NaiXenia Shestova
CónxuxeMaria Dolgorukova, Eudoxia Streshneva, Maria Dolgorukova e Eudoxia Streshneva
FillosAlexis I de Rusia, Tsarevna Irina Mikhailovna of Russia, Anna Mikhailovna of Russia, Ivan Mikhailovich Romanov, Tatyana Mikhailovna of Russia, Vassili Mikhailovich Romanov, Sophie Mikhailovna Romanov, Pelagia Mikhailovna Romanov, Eudoxia Mikhailovna Romanov e Martha Mikhailovna Romanov
RelixiónCristianismo ortodoxo
Michael of Russia Signature.svg
Na rede
WikiTree: Романов-14 Find a Grave: 13822566 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Miguel I de Rusia ou Miguel III de Rusia (en ruso:Михаи́л Фёдорович Рома́нов, Mikhail Fiodorovich Romanov), nado en Moscova o 21 de xullo de 1596 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1645, foi un nobre ruso, o primeiro tsar de Rusia da dinastía Romanov. O seu reinado marcou o final do Período Tumultoso.

Vida e reinado[editar | editar a fonte]

Miguel foi elixido tsar de Rusia de xeito unánime por unha asemblea nacional o 21 de febreiro de 1613, pero os delegados desta non atoparon ó novo tsar e a súa nai ata o 24 de marzo no Mosteiro Ipatiev preto de Kostroma. A nai do novo tsar protestou, argumentando que o seu fillo era demasiado novo para ostentar ese cargo en tempos tan problemáticos. Os boiardos declararon que se continuaba rechazando o posto, acusarano ante Deus de ser o responsable da destrución de Rusia. Finalmente, Miguel aceptou o trono.

A situación na capital era tan estrepitosa naqueles momentos que Miguel tivo que esperar varias semanas no mosteiro de Troitsa, a 121 km, antes de que lle puideran proporcionar unha boa acomodación en Moscova. Foi coroado o 22 de xullo de 1613. Comezou o seu reinado nun país devastado polas invasións suecas e polacas, ás que puxo fin mediante a 'Paz de Stolbovo con Suecia e a Tregua de Deulino con Polonia. O resultado máis importante da Tregua de Deulino foi o retorno do exilio do seu pai, quen asume o control do goberno ata a súa morte en outubro de 1633, quedando Miguel relegado a unha posición totalmente subordinada.

Casou dúas veces, a primeira delas con María Vladimirovna Dolgorukova (1624), quen finou catro meses despois da voda. O seu segundo matrimonio foi con Eudoxia Streshneva (1608-1645), coa que tivo dez fillos. Miguel non puido casar a súa filla Irene co príncipe Waldemar de Dinamarca, pois este negouse a aceptar a ortodoxia. Tal evento aflixíuno e contribuíu á súa morte o 12 de xullo de 1645.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Miguel foi pai de dez nenos no seu matrimonio con Eudoxia Streshneva:

Nome Nacemento Morte
Tsarevna Irene 22 de abril 1627 8 de febreiro 1679
Tsarevna Pelagia 20 de abril 1628 25 de xaneiro 1629
Alexis I de Rusia 9 de maio 1629 29 de xaneiro 1676
Tsarevna Ana 14 de xullo 1630 28 de outubro 1692
Tsarevna Marfa 29 de agosto 1631 21 de setembro 1632
Tsarévich Iván 1 de xuño 1633 10 de xaneiro 1639
Tsarevna Sofía 14 de setembro 1634 23 de abril 1636
Tsarevna Tatiana 5 de xaneiro 1636 23 de agosto 1706
Tsarevna Eudoxia 10 de febreiro 1637 10 de febreiro 1637
Tsarévich Vasili 14 de marzo 1639 25 de marzo 1639

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Yuri Zakharievich Koshkin
 
 
 
 
 
 
 
8. Roman Yurievich Zakhariev
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Nikita Romanovich Zakhariev-Yuriev
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Juliana Fedorovna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Fiodor Nikitich Romanov
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Miguel I de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Xenia Shestova
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Ladislau IV de Polonia
Coat of arms of Russia in 17th century.png
Tsar de Rusia

1613 - 1645
Sucesor:
Alexis I de Rusia