Saltar ao contido

Adiguesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adiguesia
 Nome orixinal
    Адыгэ Республик (ady) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    adighezi (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Parte de
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Economía
Implicados
 Xefe de estado
 Xefe do goberno
Cargo: presidente Editar o valor en Wikidata
Anzaur Kerashev (en) Traducir (2021 - ) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Oblast Autônomo Ádigue (pt) Traducir (1922 - 1991) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
Maicope (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 Enclave
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
451.471 (2016)
453.376 (2018)
463.167 (2021)
500.731 (2025) balance demográfico Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   7.600 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   3.238 m Chugush (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap253256 Editar o valor en Wikidata
VIAF141541386 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000405474088 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/024nhk Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons
Mesquita en Maikop.
O río Kubán en Jatukái, nordeste da república.
O encoro de Krasnodar, cos pobos de Pshikuijabl (esquerda) e Tauijabl (dereita).

A República de Adiguesia[1][2] (en ruso: Республика Адыгея, "Adygeia"; en adigueo: Адыгэ Республик) é un suxeito federal (unidade administrativa) da Federación Rusa, unha república enclavada dentro do krai de Krasnodar.

A República de Adiguesia está situada nas montañas do norte do Cáucaso, descendendo cara á fértil chaira do Kuban. A súa extensión é de 7.800 km² e a súa poboación é de 440.327 habitantes (2011). Os principais grupos étnicos na actualidade son o adigueo e o ruso. A república está organizada en 2 cidades, 7 distritos, 5 comunidades urbanas e 55 distritos rurais. A capital da república é Maikop e as principais cidades ou asentamentos de tipo urbano son Adygueisk, Enem e Yablonovski. Os ríos Kuban, Laba, Belaya e o conxunto de Adiguesia forman parte importante da tradición histórica da república que formaba parte da Gran ruta da seda cara a Asia, durante a Idade Media. A cultura de Maikop, estudada polos arqueólogos, representa o legado prehistórico da zona.

Os adigueos, que lle dan o nome á república, son os habitantes máis antigos do nordeste do Cáucaso e foron coñecidos en Europa como os circasianos a partir do século XIII. O circasiano (occidental) é idioma oficial da república (canda o ruso), e forma parte do grupo abkhazo-adigueo das linguas do Cáucaso.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A república de Adiguesia está no sueste de Europa, nas vertentes setentrionais do Gran Cáucaso, que cruzan a república polo sur, e nas chairas aluviais do Kuban. O 40 % do seu territorio está cuberto de bosque temperado de caducifolios (faia, carballo, carpe, pradairo).

Topografía de Adiguesia (en ruso).

O territorio encóntrase sucado de ríos da cunca do Kuban, río que debuxa co seu curso parte da fronteira setentrional da república co veciño krai de Krasnodar. Entre eles cabe destacar:

Non existen na república lagos de importancia, aínda que si que existen varios encoros a destacar: o encoro de Krasnodar (a parte que queda semiillada antes da desembocadura do Belaya chámase Tshiski, era un encoro previo), o encoro Shapsug, o encoro de Oktiabrski e o de Shendzhi.

A república é atravesada na súa zona meridional polo Gran Cáucaso, polo que se encontran nesta zona varios picos de importancia: o monte Chugush (3.238 m.), o monte Fisht (2.868 m.), o monte Oshten, o monte Pseashjo e o monte Shepsi.

División administrativa

[editar | editar a fonte]
División administrativa de Adiguesia:
1.Cidade de Maikop.
2.Cidade de Adygeisk.
3.Raión de Guiaguinskaya.
4.Raión de Koshejabl
5.Raión de Krasnogvardeiskoye
6.Raión de Maikop
7.Raión de Tajtamukai
8.Raión de Teuchezh
9.Raión de Shovgenovski.

Divídese en 2 ókrug urbanos (Maikop e Adygeisk) e 7 raións:

Principais localidades (2010)

[editar | editar a fonte]

O territorio formaba parte da antiga Circasia até que foi incorporado a Rusia en 1864. Isto provocou emigración cara ao Imperio Otomán de numerosos circasianos e a colonización por parte de poboación rusa. Os que quedaron asentáronse nas chairas da beira esquerda do Kubán.

En maio de 1917 ambas etnias uníronse na "Alianza do Cáucaso Setentrional e Daguestán", reuníndose un Comité Central en Vladikavkaz. Non obstante, o país sería campo de batalla entre os menxeviques xeorxianos, os rusos brancos de Aleksandr Kolchak e os bolxeviques. O 15 de decembro constituíse en república laica e en maio de 1918 proclamouse independente.

En 1919-1920, os kabardinos e algúns adigueos uníronse á revolta de Uzun Hadji, pero os cosacos do Terek deron apoio a Anton Denikin, que asolou o país. Os exiliados apoiaron a Unión de Repúblicas do Cáucaso, creada en París o 10 de xuño de 1921, pero Iosif Stalin creou no interior, en agosto de 1921, a Federación de Repúblicas do Cáucaso ou Gorskaya ASSR, da que formarían parte os kabardinos e os "circasianos do alto Kuban", mentres que os do baixo Kubán pasaron a territorio de Krasnodar.

O 27 de xullo de 1922 foi creado a óblast autónoma Cherquesa dentro da República Socialista Federativa Soviética de Rusia, nos territorios da óblast de Kuban-Mar Negro. O 24 de agosto o seu nome mudou a Óblast Autónoma Adiguea Cherquesa. O 17 de outubro de 1924 foi transferida ao recentemente creado krai do Cáucaso Norte.

Foi renomeado como Óblast Autónoma Adiguea en xullo de 1928. O 10 de xaneiro de 1934 foi separada do krai do Cáucaso Norte ao crearse o krai de Azov-Mar Negro, no que se incluíu. En 1936, Maikop foi declarada centro administrativo da óblast autónoma, co que se ampliou o seu territorio. En 1962 incluíuse o actual raión de Maikop. A óblast foi incluído na krai de Krasnodar ao crearse este o 13 de setembro de 1937.

O 3 de xullo de 1991 foille concedido o status de república socialista soviética e a partir do 24 de marzo de 1992 converteuse na República de Adiguesia.

Política

[editar | editar a fonte]

Adiguesia converteuse nunha república da Federación Rusa en 1991. O seu primeiro presidente foi Aslan Alievich Dzharimov. A constitución da república foi adoptada en maio de 1995 e está baseada en principios fundamentais de pertenza voluntaria á Federación Rusa, a preservación da unidade e integridade do país, a defensa dos intereses dos diferentes grupos de poboación da república, e a paz e a harmonía das diferentes etnias de Adiguesia.

O xefe de goberno en Adiguesia é o Xefe (chamado Presidente até maio de 2011), quen é nomeado para un período de cinco anos. O dominio da lingua adiguea é un requisito previo para o candidato.[3]

O Xefe en 2011, Aslan Tjakushinov (desde o 13 de xaneiro de 2007), sucedeu a Hazret Sovmen, nomeado por Vladimir Putin, aínda que unicamente lograra o 2% dos votos en 2002. Non obstante, existe tamén un Consello de Estado (Jase) elixido directamente. A república envía tres representantes ao parlamento da Federación Rusa, un á Duma Estatal e dous ao Consello da Federación.

Composición étnica (2002)

[editar | editar a fonte]

A poboación da república está composta polos seguintes grupos étnicos:

Relixión

[editar | editar a fonte]

A maioría da poboación é cristiá ortodoxa, arredor do 70 %. O 25 % son musulmáns, entre eles a maioría dos adigueos, que son sunnitas.

Educación e cultura

[editar | editar a fonte]
Shendzhi, localidade do noroeste da república.
Estación de ferrocarril de Maikop.

O adigueo (Adyghabze) é un dos membros do grupo das linguas caucásicas do noroeste. É idioma oficial da república canda o ruso.

Hai 8 museos estatais e 23 públicos na república. O maior deles é o Museo Nacional da República de Adiguesia en Maikop.

A Universidade Estatal Adiguea e a Universidade Tecnolóxica Estatal Adiguea, ambas en Maikop, son as dúas entidades de educación máis importantes de Adiguesia.

Economía

[editar | editar a fonte]
Meseta Lago-Naki, no suroeste da república.
Guzeripl, no sur da república.

A agricultura é o principal recurso económico (xirasol e tabaco), ademais do sector das manufacturas. Maikop é un centro industrial, destaca a industria alimentaria, principalmente, muíños de gran e aceite. Non obstante, as principais industrias da rexión atópanse no veciño Krasnodar (ferramentas, instrumentos de precisión, compresores e refinaría de petróleo). En canto aos recursos naturais, cabe destacar as súas reservas de petróleo e gas natural. Tamén son importantes os depósitos de ouro, prata, ferro e tungsteno.

Transporte

[editar | editar a fonte]

A rede ferroviaria entre Armavir e Sochi pasa ao norte de Maikop. Á altura de Belorechensk, no veciño krai de Krasnodar, nace un ramal que se dirixe a Maikop e Kamennomostski (estación Jadzhoj). A liña que une Krasnodar e Crimea atravesa a sección noroeste da república por Yablonovski e Enem.

Hai un pequeno aeroporto en Maikop (código ICAO: UKRM) e un en Enem (URKS).

Personalidades

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Definición de adigueo, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. ↑ "Adiguesia Rep. de Rusia [...] Habitada por unha minoría de cherkeses (ou adigueses)..." Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 52.
  3. ↑ Казенин, Константин (2009). Regnum, ed. «ТИХИЕ» КОНФЛИКТЫ НА СЕВЕРНОМ КАВКАЗЕ (en ruso). Moscova. p. 17. ISBN 9785911500306.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]