Duma Estatal
Aparencia
A Duma Estatal (en ruso: Государственная дума, tr.: Gosudárstvennaya duma, abreviatura habitual: Госдума, tr.: Gosduma) é a cámara baixa da Federación Rusa, onde o parlamento se coñece como Asemblea Federal de Rusia, sendo a cámara alta o Consello da Federación Rusa. A súa sede está en Moscova.
Poderes da Duma Estatal
[editar | editar a fonte]A Duma Estatal ostenta os seguintes poderes:
- aprobar leis federais (por maioría dos deputados) e leis constitucionais, que deben ser aprobadas polo Consello da Federación Rusa e firmadas polo Presidente de Rusia.
- anular o veto do Consello da Federación Rusa a unha lei federal por maioría de dous terzos.
- anular o veto do Presidente de Rusia a leis federais por maioría de dous terzos xunto con tres cuartas partes dos votos dos membros do Consello da Federación Rusa.
- comezar o procedemento de censura contra o Presidente de Rusia por maioría de dous terzos.
Segundo a Constitución da Federación Rusa de 1993, a Duma Estatal está composta por 450 deputados (artigo 95), elixidos para un período de catro anos (artigo 96). Os cidadáns rusos a partir de 21 anos poden ser elixidos para a Duma (artigo 97).
Composición
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| ||||
Rusia Unida Partido Comunista | Partido Liberal Democrático Rusia Xusta |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Artigos relacionados
[editar | editar a fonte]- Duma.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en ruso)