Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A República dos Tuva[1][2] (ruso:Республика Тыва; tuva:Тыва Республика), ou Tuva (Тува́), é unha república rusa. Está localizada no centro xeográfico de Asia, no sur de Siberia. A súa capital é a cidade de Kyzyl. Segundo o censo de 2010 ten unha poboación de 307.930 habitantes.
Competición de loita no estadio "Хүреш" ("Khuresh").Unha iurta en Tos-Bulak
O pobo tuva é famoso polo seu canto de gorxa ou Xöömej. Khuresh, a forma tuva de loita, é un deporte moi popular. As competicións desta disciplina celébranse anualmente no festival Naadym de Tos-Bulak.
Sainkho Namtchylak é unha das poucas cantantes de Tuva cun recoñecemento internacional. Está moi involucrada na cultura tuva, e cada ano convida a artistas occidentais a actuar en Kyzyl e que descubran o país, a súa cultura e a súa música. Kongar-ool Ondar tamén ten un certo recoñecemento no mundo occidental, en gran medida por aparecer en Genghis Blues xunto co cantante Paul Pena. Huun-Huur-Tu é outro dos expoñentes da música de Tuva da década de 1990, e Alash acadou a fama na década do 2000.
A lingua tuva pertence á familia turca, malia que moitas palabras proceden do mongol. Escríbese no alfabeto cirílico modificado, mais no pasado empregáronse runas turcas, a escrita mongol e o alfabeto latino.
↑«Tuva, República de». Diciopedia do século 213. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p.2101. ISBN9788482893600.