Saltar ao contido

República dos Buriatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República dos Buriatos
 Nome orixinal
Республика Бурятия (ru)  
Буряад Улас (bxr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
21 de abril de 1992 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
Ulan-Ude (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
971.139 (2025)
982.314 (2016)
984.511 (2018)
985.431 (2021)
971.922 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   351.300 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Monkh Saridag (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap145729 Editar o valor en Wikidata
VIAF248946854 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasburyatia Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/037fv1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

A República dos Buriatos[1][2] (en ruso Респу́блика Буря́тия, Respúblika Buriàtia; en buriato Буряад Улас, Buriaad Ulas) é unha república (suxeito federal) asiática da Federación Rusa, situada na rexión centromeridional de Siberia, na beira oriental do lago Baikal. Segundo o censo de 2002 tiña unha poboación de 981.238 habitantes, nunha extensión de 351.300 km². A capital é Ulan-Udé.

Limita, dentro de Rusia, ao norte e ao leste coa provincia de Irkutsk e o lago Baikal, ó suroeste coa república de Tuva e ao leste coa provincia de Tchita. Ó sur limita con Mongolia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O 80% do territorio é montañoso; ó suroeste álzanse as montañas Saian, que culminan no Munku Sardik (3.491 m), na fronteira con Mongolia. Ao leste do lago Baikal atópanse as montañas Iablonovi. As principais unidades de relevo son:

  • O altos de Selenga (Sëlëngë), ao sur (1.800–700 m).
  • Os Vostochny Saians, ao leste, co Munko-Sardyk / Münxë Sar'dag xada (3.491 m), o punto máis alto do país, e o Munku Sasan (3.164 m).
  • A rexión montañesa do Baikal, cos complexos montañosos de:
    • Hamar Daban, co Han Ula (2.371 m) e Sohon (2.316 m).
    • Ulan Burgasy.
    • Chikokorsky Hrebet, co Barun-Shabartuj (2.519 m).
    • Onon Baldzinsky Hrebet, con 1.741 m.

Os ríos principais son o Selenga (Sëlëngë müren), Barguzin (Bargazhan), Udá, Verkhnaia Angara (afluentes do Baikal), Vitim (do Lena) e Irkut, Oka e Kitoi (Süxë gol) (do Ienissei). E ademais do Baikal (Bajgal nuur), o 60% da liña de costa do cal pertence á república, hai outros lagos, como o Gusinoe Ubukun (Galuuta), Baunt, Barguzin e Severnyi Baikal. Tamén hai máis de 300 arshans (fontes de auga termal).

A temperatura media anual é de -1,6 °C,sendo a media do inverno de -22 °C e a media de verán de 18 °C.

Economía

[editar | editar a fonte]

Os recursos naturais dos Buriatos son o ouro, o tungsteno, o cinque, o uranio e outros. A economía da república está baseada en importantes produtos agrícolas e comerciais que inclúen ó trigo, ás hortalizas, á madeira, á pel, ó grafito e ós téxtiles. A pesca, a caza, a gandería, a minería e a industria alimentaria, entre outros, tamén teñen a súa importancia económica.

Poboación

[editar | editar a fonte]
  • Poboación: 981.238 (2002)
    • Urbana: 584.970 (59,6%)
    • Rural: 396.268 (40,4%)
    • Masculina: 467.984 (47,7%)
    • Femenina: 513.254 (52,3%)
  • Grupos étnicos

Segundo o censo ruso de 2002, os rusos eran arredor dos dous terzos da poboación da república, mentres que os buriatos eran tan só o 27,8%. Outros grupos son os ucraínos (1,0%), tártaros (0,8%), e outros con menos do 0,5% da poboación.

Censo de 1939 Censo de 1959 Censo de 1970 Censo de 1979 Censo de 1989 Censo de 2002
Buriatos 116.382 (21,3%) 135.798 (20,2%) 178.660 (22,0%) 206.860 (23,0%) 249.525 (24,0%) 272.910 (27,8%)
Soiots 2.739 (0,3%)
Rusos 393.057 (72,0%) 502.568 (74,6%) 596.960 (73,5%) 647.785 (72,0%) 726.165 (69,9%) 665.512 (67,8%)
Ucraínos 13.392 (2,5%) 10.183 (1,5%) 10.769 (1,3%) 15.290 (1,7%) 22.868 (2,2%) 9.585 (1,0%)
Tártaros 3.840 (0,7%) 8.058 (1,2%) 9.991 (1,2%) 10.290 (1,1%) 10.496 (1,0%) 8.189 (0,8%)
Evenkis 1.818 (0,3%) 1.335 (0,2%) 1.685 (0,2%) 1.543 (0,2%) 1.679 (0,2%) 2.334 (0,2%)
Outros 17.277 (3,2%) 15.384 (2,3%) 14.186 (1,7%) 17.630 (2,0%) 27.519 (2,7%) 19.969 (2,0%)

O buriato é a lingua oficial xunto co ruso.

  1. "Buriatos, República dos". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 374.
  2. "Buriatos, República dos [Bur'atskaja AR] Entidade político-administrativa, situada en Siberia, Rusia, entre o lago Baikal e Mongolia..." en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t.11. p. 41.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]