Bandeira de Adiguesia
Aparencia
Bandeira de Adiguesia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | En Circasia: 1830 En Adiguesia: 24 de marzo de 1992 |
Cores | Verde Ouro |
A bandeira de Adiguesia (en adigueo: Адыгэ Нып) é a bandeira nacional dos circasianos e bandeira oficial da República de Adiguesia. Consiste nun campo verde con doce estrelas de ouro, nove formando un arco e tres en horizontal, e tres frechas de ouro cruzadas no centro.
Simbolismo e significado
[editar | editar a fonte]O verde representa a natureza e o islam. A cor de ouro representa un futuro brillante en paz e as colleitas de gran e trigo. Hai doce estrelas, representando as doce tribos de Circasia.[1][2] As frechas son unha referencia a Adyghe Xabze, a cosmovisión circasiana, que quere dicir "paz se es o meu amigo, guerra se es o meu inimigo".
Cores
[editar | editar a fonte]Esquema de cores |
Verde | Ouro |
---|---|---|
RAL | 6002 | 1026 |
CMYK | 61-0-82-39 | 0-0-99-1 |
HEX | #296912 | #FDFC02 |
RGB | 41-105-18 | 253-252-2 |