Lexicón
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
O lexicón é o "dicionario" en que se rexistran as palabras que coñece un falante. Este "dicionario" especifica os trazos idiosincráticos das pezas léxicas (palabras).[1]
Algúns modelos gramaticais formais basean a xeración de oracións no procesamento dos trazos das unidades do lexicón. Nestes modelos, o lexicón non é parte da gramática, senón que proxecta os seus trazos a través de mecanismos inherentes ás gramáticas.
Clases de unidades léxicas[editar | editar a fonte]
Segundo a súa natureza, as unidades do lexicón poden distinguir entre:
- Categorías léxicas ou abertas: Son aquelas que posúen carácter referencial (é dicir, as que designan procesos, propiedades, accións ou entidades). Caracterízanse por formar un inventario aberto (é dicir que non existe un número específico e limitado para estas unidades). Os substantivos, os verbos e os adxectivos son representantes canónicos deste tipo de unidades léxicas.
- Categorías funcionais ou pechadas: Son aquelas que só posúen significado gramatical (é dicir, que son fundamentais para a xeración dunha oración pero que, así a todo, non teñen significado referencial). Caracterízanse por formar un inventario pechado. As conxuncións e os artigos son representantes deste tipo de unidade.
Clases de trazos léxicos[editar | editar a fonte]
As unidades léxicas distinguen tres tipos de trazos (non tódolos modelos gramaticais utilizan os mesmos trazos léxicos. O que se dá a continuación é unha xeneralización):
- Trazos formais: Conteñen información sobre o tipo de palabra da que se trata (substantivo, verbo, preposición), sobre o contexto sintáctico no que poden aparecer e sobre o tipo de flexión que requiren.
- Trazos semánticos: Conteñen información sobre a estrutura argumental requirida por unha unidade léxica (un verbo como "destruír" require un axente que destrúa e un tema a ser destruído), sobre as propiedades inherentes de cada unidade (un nome como "neno" ten trazos [+humano] [+contable] etc.).
- Trazos fonolóxicos: Contén a información necesaria para lle asignar representación fonética á unidade.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Echevarría Isusquiza, Isabel; Arbulu Aguirre, Javier. "Apuntamentos sobre fraseoloxía e literatura" (PDF). Consultado o 19 de febreiro de 2017.