N-556

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
N-556
Accesos ao aeroporto de Vigo
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude1,03 km
Localización
Inicio N-555  Avenida do Aeroporto
Fin AP-9  Aeroporto de Vigo

A N-556 é unha estrada nacional convencional que une o remate da N-555 co aeroporto de Vigo e a AP-9.[1] Foi creada en 1988, tomando o trazado da PO-322[2], aínda que en 2005 foron transferidos 14,01 quilómetros (denominados Avenida do Aeroporto) á administración local de Vigo[3], ficando a actual vía con só 1,03.

Notas[editar | editar a fonte]