27 de setembro
Aparencia
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 27 de setembro é o 270º día do ano do calendario gregoriano e o 271º nos anos bisestos. Quedan 95 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1529 - O Sitio de Viena comeza cando Suleiman I ataca a cidade.
- 1719 - Tres barcos ingleses mandados polo almirante Johnson bombardean e toman a vila de Ribadeo.
- 1936 - As tropas nacionais ocupan Toledo.
- 1975 - Últimos fusilados do franquismo: tres membros do FRAP (Xosé Humberto Baena Alonso, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz) e dous de ETA (Jon Paredes Manot e Angel Otaegi Etxeberria), pese á reacción internacional en contra.
- 1998 - Nos Estados Unidos empeza a funcionar en Internet o motor de busca de Google.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1275 - Xoán II de Brabante, duque de Brabante e Limburgo (m. 1312).
- 1601 - Lois XIII, rei de Francia (m. 1643).
- 1772 - Manuel de Prado Mariño, escultor galego (m. 1822).
- 1871 - Grazia Deledda, escritora italiana (m. 1936).
- 1906 - Jim Thompson, escritor estadounidense (m. 1977).
- 1917 - Luisa Marcos Raña, catedrática galega pioneira (m. 1973)
- 1918 - Martin Ryle, astrónomo británico (m. 1984).
- 1932 - Bernardino Graña Villar, escritor e académico galego.
- 1936 - Sancho Gracia (Félix Ángel Sancho Gracia), actor español (m. 2012).
- 1956 - Xosé Ramón Pena Sánchez, escritor galego.
- 1958 - Bieito Rubido Ramonde, xornalista galego.
- 1972 - Lhasa de Sela, cantante mexicano-estadounidense (m. 2010).
- 1984 - Avril Lavigne, cantante canadense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1590 - Urbano VII, papa da Igrexa católica (n. 1521).
- 1660 - Vicente de Paúl, sacerdote francés (n. 1581).
- 1700 - Inocencio XII, papa da Igrexa católica (n. 1615).
- 1760 - María Amalia de Saxonia, raíña consorte de España, esposa de Carlos III (n. 1724).
- 1832 - Karl Christian Friedrich Krause, filósofo alemán (n. 1781).
- 1910 - José Villaamil Castro, arquiveiro, bibliotecario e historiador galego (n. 1838).
- 1917 - Edgar Degas, pintor e escultor francés (n. 1834).
- 1928 - Vicente López Veiga, empresario galego, fundador da revista Galicia (n. 1847).
- 1930 - Xosé Iglesias Roura, avogado, político e escritor galego (n. 1979).
- 1937 - Modesto López Teijeiro, escritor e político galego (n. 1910).
- 1939 - José Campos Villar, agrarista e político galego.
- 1940 - Julián Besteiro Fernández, catedrático e político español, presidente da UXT e do PSOE (n. 1870).
- 1940 - Julius Wagner-Jauregg, médico austríaco, Premio Nobel de Medicina en 1927 (n. 1857).
- 1940 - Álvaro Puentes Antón, político galego.
- 1974 - Silvio Frondizi, avogado e político arxentino (n. 1907).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Mundial do Turismo <ref>"Día Mundial del Turismo" (en castelán).
Outros
[editar | editar a fonte]- Santa Minia de Brión
- Santoral: San Vicente de Paúl, Santa Minia.