Xosé Humberto Baena
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 27 de setembro de 1975 ![]() Hoyo de Manzanares, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Xosé Humberto Baena Alonso, nado en Vigo en 1950 e executado o 27 de setembro de 1975, foi un membro galego dos FRAP.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou na mobilización estudantil de 1970 polo que foi xulgado polo Tribunal de Orde Pública. Integrouse no Partido Comunista de España (marxista-leninista) mentres cumpría o servizo militar en Madrid. De volta a Vigo en 1974 participou no lanzamento de cócteles molotov contra unha sucursal do Banco de Bilbao en Vigo en protesta pola execución de Salvador Puig Antich.
Estudante de filosofía e letras da Universidade de Santiago de Compostela, foi detido unha primeira vez por reivindicar os dereitos dos estudantes e foi absolto. Detido de novo o 22 de xullo de 1975 acusado de matar un policía en Madrid, foi condenado a morte.
Tres meses máis tarde, o 27 de setembro de 1975, foron executados Xosé Luis Sánchez Bravo, Xosé Humberto Baena e Ramón García Sanz, militantes do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) e os militantes de ETA Juan Paredes Manot (Txiki) e Ángel Otaegi. Foron as últimas execucións do réxime franquista, pouco antes da morte do ditador Franco . Estas mortes levantaron unha vaga de protestas e condenas contra o goberno de España dentro e fóra do país, tanto a nivel oficial como popular.[1]
En Hoyo de Manzanares os fusilamentos fixéronos tres pelotóns compostos cada un por dez gardas civís ou policías, un sarxento e un tenente, todos voluntarios. Ás 9:10, os policías fusilaron a Ramón García Sanz. Aos 20 minutos, a José Luis Sánchez Bravo e pouco despois a Humberto Baena. As execucións continuaron até as 10:05. Non puido asistir á execución ningún familiar dos condenados, pese a ser "execución pública", segundo marcaba a lei.[2]
Os cadáveres dos tres membros do FRAP soterráronos a mesma mañá da execución en Hoyo de Manzanares. Os restos de Sánchez Bravo foron trasladados posteriormente a Murcia e os de Ramón García Sanz ao cemiterio civil de Madrid.[2] Os de José Humberto Baena leváronos a Vigo oito días despois, para evitar as manifestacións e a posibilidade de que houbese máis mortes.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer aniversario de las últimas penas de muerte ejecutadas en España, El País, 26/09/1976.
- ↑ 2,0 2,1 La familia de uno de los fusilados pide justicia Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine., Reportaxe na Revista Interviú, no 30 aniversario
- ↑ "Ver relato completo en website do FRAP.". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Coia, Javier. "Papá, mamá: me ejecutarán mañana. Quiero daros ánimos" Público 11/10/2013 (en castelán).