Luisa Marcos Raña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuisa Marcos Raña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1917 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de agosto de 1973 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónQ105699116 Traducir , química Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntonio Fernández del Riego
Filloscatro

Luisa Marcos Raña, nada na Coruña o 27 de setembro de 1917 e finada en Vigo o 17 de agosto de 1973, foi unha catedrática pioneira en España na especialidade de Física, Química e Termotécnica das Escolas de Peritos Industriais (posteriormente de Enxeñaría Técnica Industrial).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de terminar brillantemente o bacharelato, matriculouse no ano 1934 en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e a posterior guerra carrexou o peche dos estudos que podería finalmente renovar en outubro de 1939, terminando a súa carreira en 1940 logo de dous cursos intensivos.[1]

Ensinar foi a súa vocación á que se dedicou desde o inicio da súa carreira profesional. A finais de 1941 obtivo por concurso o cargo de Encargado de Curso de Física e Química do Instituto Feminino de Ensino da Coruña,[2] e despois, a finais de 1942 o do curso de Matemáticas no Instituto de Ensino de Linares.[3]

Ao mesmo tempo empezou a preparar oposicións, primeiro a institutos, e máis tarde e con máis dedicación a cátedras de ensino técnico de grao medio, en particular para as Escolas de Peritos Industriais na súa área de coñecemento. Tras ser eliminada inesperadamente nas oposicións realizadas en 1945 para a praza de Vigo (dous votos contra 3 en segunda votación),[4] presentouse de novo á seguinte chamada, no ano 1947, obtendo con número 1 a cátedra de "Física, Química e Termotecnia" na Escola de Peritos Industriais de Cádiz,[5] onde exercería o seu ensino ata o final de 1948 cando por concurso foi transferida á Escola de Vigo.

Casou co tamén catedrático Antonio Fernández del Riego, con quen tería catro fillos, e xa permanecería en Vigo toda a súa vida. En 1963, despois de concurso de méritos e dunha proba de aptitude obtivo tamén praza de profesor agregado en Ciencias da Escola de Mestría Industrial de Vigo.[6]

En 1972, a Escola de Enxeñería Técnica Industrial integrouse na Universidade de Santiago de Compostela co nome de Escola Universitaria de Enxeñería Industrial de Vigo.[7] Será o penúltimo ano en que Luisa poida transmitir os seus ensinos.

Deixou mais de 25 promocións de estudantes preparadas para o desenvolvemento profesional de actividades técnicas.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1968 foi nomeada madriña da última promoción de Peritos, que pasarían a seren renomeados Enxeñeiros Industriais.[8] Aqueles días no Faro de Vigo, Xohán na sección “Buzón del Estudiante” do 18 de xaneiro, escribiu: "Eles escolleron como dama de honor de todas as promocións a posiblemente a máis representativa de todo o profesorado da escola, polo que representa, hoxe, unha muller encargada dunha cátedra; guía das aspiracións femininas do noso tempo: Dona María Luisa Marcos de Del Riego".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Universidade de Santiago. Expediente persoal Cartapacio 784
  2. BOE de 22 de novembro de 1941
  3. BOE de 5 de novembro de 1942
  4. AGA 32,17195
  5. AGA_TOPOGRÁFICO.32.58.69 LEG 18549.
  6. BOE de 24 de abril de 1963
  7. BOE de 7 de junio de 1972
  8. Faro de Vigo de 18 a 24 de xaneiro de 1968 / Pueblo Gallego de 24 de xaneiro de 1968

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]