José Luis Sánchez Bravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Sánchez Bravo
Nacemento1954
 Vigo
Falecemento27 de setembro de 1975
 Hoyo de Manzanares
CausaFusilamento
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Luis Sánchez-Bravo Solla nado en Vigo en 1954 e finado en Hoyo de Manzanares o 27 de setembro de 1975, foi un dos últimos membros de grupos armados antifranquistas aos que se lles aplicou a pena de morte, foi fusilado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residente en Madrid, estudaba Física e militaba tamén na Oposición Sindical Obrera. Conñeceu nun restaurante de Cuatro Caminos, de maneira casual, ao soldador Ramón García Sanz. Detido, foi acusado de estar implicado no atentado que costou a vida ao tenente da Garda Civil Antonio Pose Rodríguez o 16 de agosto de 1975. En setembro de 1975 ditáronse once penas de morte. O Consello de ministros do venres 26 de setembro indultou seis das penas de morte e denegou o indulto doutras cinco, entre elas a de José Luis Sánchez-Bravo Solla. Houbo varias protestas de avogados no Colexio de Avogados de Barcelona e realizáronse xestións coa Santa Sede.

O 27 de setembro de 1975 foron executados José Luis Sánchez Bravo, José Humberto Baena Alonso e Ramón García Sanz, militantes do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) e os militantes de ETA Jon Paredes Manot (Txiki) e Angel Otaegi. Foron as últimas execucións do réxime franquista, pouco antes da morte do dictador. Estas mortes levantaron unha onda de protestas e condenas contra o goberno de España dentro e fora do país, tanto a nivel oficial como popular.[1]

En Hoyo de Manzanares os fusilamentos fixéronos tres pelotons compostos cada un por dez gardas civis ou policías, un sarxento e un tenente, todos voluntarios. Ás 9.10, os policías fusilaron a Ramón García Sanz. Aos 20 minutos, a José Luis Sánchez Bravo e pouco despois a Humberto Baena. Ás 10.05 todo rematara. Non puido asistir ningún familiar dos condenados, pese a ser "execución pública", segundo marcaba a lei.[2] Os cadáveres dos tres membros do FRAP foron enterrados a mesma mañá da súa execución en Hoyo de Manzanares. Os restos de Sánchez Bravo foron trasladados posteriormente a Murcia e os de Ramón García Sanz ao cemiterio civil de Madrid.[2] Os de José Humberto Baena foron trasladados a Vigo oito días despois, para evitar as manifestacións e a posibilidade de que houbese máis mortes.[3]

Reclamacións legais[editar | editar a fonte]

A súa muller, Silvia Carretero, tiña 21 anos e estaba embarazada cando foi detida e torturada pola Garda Civil en Badaxoz pola súa militancia na Federación Universitaria Democrática Española (FUDE), a sección universitaria do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP).[4] Foi ingresada na cadea de Yeserías de Madrid sen xuízo, ata que, grazas a un informe médico e debido ao seu embarazo, quedou en liberdade provisional. Carretero refuxiouse en París, onde tivo unha filla. Non regresou a España ata 1976. Trinta e cinco anos despois, decidiu denunciar o caso de Sánchez Bravo e o seu para esixir que se declarase ilegal ao tribunal que condenou a morte ao seu home.[5] A demanda fora desestimada anteriormente.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]