José Campos Villar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1873 O Campo Lameiro |
| Morte | 27 de setembro de 1939 Illa de San Simón |
| Causa da morte | neoplasia |
| 1936 – 1936 – José Díaz Chaves → | |
| 1931 – 1934 | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | O Campo Lameiro |
| Ocupación | político |
| Partido político | Izquierda Republicana Acción Republicana |
José Campos Villar, nado no Campo Lameiro cara a 1870 e finado na Illa de San Simón o 27 de setembro de 1939, foi un comerciante, agrarista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Valentín Campos Barros. Agrarista, foi representante da Federación Agraria de Cambados-Caldas de Reis e alcalde do Campo Lameiro a principios dos anos vinte. Foi detido en outubro de 1924 acusado de desacato aos somatenistas do Campo Lameiro.[1] Acusado de agresión ao secretario do concello Manuel Fernández González, foi detido en abril de 1929.[2]
Foi alcalde do Campo Lameiro en 1930. Na República foi elixido alcalde do Campo Lameiro. Militou en Acción Republicana.[3] Foi destituído con toda a corporación en outubro de 1934.[4] Integrouse en Izquierda Republicana e foi reposto como alcalde logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.[5] O 8 de marzo de 1936 recibiu unha homenaxe popular no Campo Lameiro.[6] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 4 de febreiro de 1937 con Vicente Soto Martínez, Timoteo Blanco Abal, Adolfo Caeiro García e José Elías Silva Caneda.[7] Condenado a cadea perpetua, foi internado na Illa de San Simón onde morreu por neoplasia o 27 de setembro de 1939 con 66 anos.
| Predecesor: ? |
Alcalde do Campo Lameiro 1931 - 1934 |
Sucesor: José Barros Mosquera |
| Predecesor: José Barros Mosquera |
Alcalde do Campo Lameiro 1936 |
Sucesor: José Díaz Chaves |