Xaquín Marín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xaquín Marín Formoso, nado no Ferrol en 1943, é un debuxante e ilustrador galego recoñecido no propio país e mais fóra das fronteiras galegas.

[editar] Traxectoria

Destacan algunhas tiras cómicas onde describe e critica con ironía a situación da lingua galega. Con máis de 20 anos de carreira, traballou facendo tiras en xornais nacionais e internacionais: La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia... Premiado en varias ocasións, destacan o primeiro premio da Bienal de Gábrovo e conta con dúas Paletas de Agromán no seu haber. Dirixiu o único Museo do Humor de Europa, situado na localidade de Fene (Ferrolterra).

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas