Miguel Ángel Alonso Diz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Ángel Alonso Diz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: miguelanxoalonsodiz Instagram: forxadordeversos LinkedIn: miguel-angel-alonso-diz-a5416741 Bitraga: 4238 AELG: 492 Editar o valor em Wikidata

Miguel Ángel Alonso Diz, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1976, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía, ten exercido a docencia no ensino privado. Participa en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal. É membro do colectivo A porta verde do sétimo andar, un dos impulsores dos Cadernos Q de Vián, e colaborador habitual da revista Atenea. Tamén é un dos organizadores do Poetry Slam Vigo. Colabora no programa Banda Aparte 2.0 de Radio Allariz cunha sección que se chama "A cultura oculta"; e no portal "Letraenobras"[1].

Destaca o seu labor como contacontos[2] e as súas colaboracións cos Servizo de Normalización Lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias como impartindo obradoiros de poesía e de escrita.[3]

Deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso no ano 2012 coa obra O cullarapo Croque. Este libro supuxo o primeiro libro galego auto editado a través do sistema de Crowdfunding, abrindo un novo camiño no mundo da autoedición. O soño de Esther [4] foi finalista dos premios Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano 2014 e Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado do ano 2014. Co volume O valente coello que quixo soñar foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento.

O seu segundo libro, A nena á que non deixaban ser feliz, foi seleccionado entre 10 000 títulos polo Servizo de Educación Pública de México para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensino público.[5] En 2018 publica a novela infantil e xuvenil Música no faiado[6] e con Luz Beloso o álbum infaltil ilustrado Piratas no recreo.[7] Tamén con Luz Beloso autoeditaron en 2020 Unha folla vermella.

En 2022 editor de poesía de Antela Editorial.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Poemas do día e da noite (2008). Publicado en Internet.
  • Memorias da cidade escura (2009). Outrovigo.com.
  • Imaxes e palabras (2010). Blurb.es.
  • Beiramar inverno (2012). Publicado en Internet.
  • Retorno ao país dos ananos sen moverse da habitación (2015). A porta verde do sétimo andar.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • La niña a la que no dejaban ser feliz (2013). Autotradución de A nena á que non deixaban ser feliz. Nova Galicia Edicións.
  • El renacuajo Croque (2013). Autotradución de O cullarapo Croque, 2013. Nova Galicia Edicións.
  • El sueño de Esther (2014). autotradución de O soño de Esther.[11][12]
  • As letras máis eu (2014). Xunto a Joaquina Ramilo Rouco. Editorial Sandia Books.
  • El valiente conejo que quiso soñar (2015). Autotradución de O valente coello que quixo soñar. Nova Galicia Edicións.

Videopoesía[editar | editar a fonte]

  • En galego (2012). L’Avioneta.
  • Guión de A muller lamprea IV (2014). Obradoiro de educación plástica IES As Barxas.
  • Pedra e Pel (2014). Proxecto con Tere Freiría (fotografía), Susana Rocha e Sergio Martínez.
  • Sinais na terra (2014). Con Flora Fernández.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • As voces do pan (2009). Entremos na Panificadora.
  • Ciencia que conta (2010). Universidade de Vigo.
  • Sétimo Andar, Poesía Alén (2010). (Nova Galicia Edicións, baixo licenza Creative Commons - Volume colectivo).
  • Pegadas (2011). Nova Galicia Edicións.
  • Coroa poética a Urbano Lugrís (2011). A nave das ideas.
  • Sétimo andar (2012). A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.
  • Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • O xigante de Magarelos (2013). Edizer.
  • Alén do silencio (2014). Abooks.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015). Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Dez anos na Porta (2015) A porta verde do sétimo andar. Poesía.
  • Aldeas sen voz (2016). Editorial Canela.
  • E de súpeto o inverno (2017). Agalir.
  • Latexo Beat (2017). Galaxia.
  • Contos Estraños (2017). Volume 11. "A rebelión de Prometeo".
  • Poemaria (2018). Amargord Ediciones.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • La seguridad vial y yo (2016). Nova Galicia Edicións. Con ilustracións de Xosé Tomás.
  • No quiero ir (2016). Nova Galicia Edicións. Con ilustracións de Xosé Tomás.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Segundo premio do Certame de relatos Ciencia que conta no 2010.
  • Premio do I Certame de micro-relatos OZOCOgz no 2013.
  • Premio secundaria obrigatoria da Concellería de Normalización Lingüística de Compostela no 2014, por A muller lamprea IV.
  • Premio Olloboi Orixinal no 2014, por A muller lamprea IV.
  • Premio no Festival Internacional de Curtas de Bueu por Cabelos de Batalla, feito no obradoiro de plástica do IES As Barxas no 2016.
  • Premio "Paraugas" 2017 do Cluster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano con "Manual del Bullying", editado por Nova Galicia Edicións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Colaboracións do autor en Letraenobras
  2. "Cuentacuentos de Miguel Ángel Alonso en el CEIP A Pedra". farodevigo.es. Consultado o 30/11/2018. 
  3. "Miguel Ángel Alonso Diz imparte un taller de escritura creativa". farodevigo.es. Consultado o 30/11/2018. 
  4. "Criticalia.Un soño de vogais". armandorequeixo. Consultado o 30/11/2018. 
  5. ""O libro galego reforza a súa proxección internacional a través dos centros de ensino público de México", El Correo Gallego, 03/02/2015". Arquivado dende o orixinal o 07/02/2018. Consultado o 06/02/2018. 
  6. "Miguel Angel Alonso Diz. Obra". aelg.gal. Consultado o 30/11/2018. 
  7. Alonso Diz, Miguel Ángel; Beloso, Luz (2018). Piratas no recreo. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-9-5. 
  8. "O valente coello que quixo soñar, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso". cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 30/11/2018. 
  9. Nicolás, Ramón (2021-01-18). "Unha folla vermella, de Miguel Anxo Alonso Diz e Luz Beloso". Caderno da crítica. Consultado o 2022-08-02. 
  10. "El «biopoema» de Monchiño de Magarelos". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-11-02. Consultado o 2021-11-02. 
  11. "El sueño de Esther". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-22. 
  12. "El sueño de Esther". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]