Conversa:Xenxibre

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xenxibre[editar a fonte]

O único que vén no DRAG é xenxibre. Onde atopaches os outros termos? Penso que o nome da páxina debe ser xenxibre, que por outro lado é o nome máis coñecido da planta e máis internacional. Por outra parte, non é unha planta nativa de Galicia, nin foi moi utilizada culinariamente aquí, polo que non é de estrañar que non teña un nome de orixe popular, o cal lle virá do nome internacional (en inglés, portugués, español, francés, catalán, euskera é ginger, gengibre, gingembre, gengebre, jengibre; cambia máis en italiano e alemán, zenzero, ingwer).--Miguelferig (conversa) 2 de xaneiro de 2016 ás 00:43 (UTC)[responder]

Sinxebra?[editar a fonte]

Creo que hai unha confusión coa planta seixebra (non sinxebra), que é unha planta completamente diferente do xenxibre. Na Enciclopedia Galega Universal ven teudo como sinónimo de seixebra. A seixebra (Teucrium) e o xenxibre (Zingiber) non teñen nada que ver. Penso que habería que borrar os sinónimos sinxebra e teudo (e as redireccións a esta páxina) e facer unha páxina sobre a seixebra ou teudo, que está sen facer.--Miguelferig (conversa) 2 de xaneiro de 2016 ás 11:45 (UTC)[responder]

Corrixido, deixeino como nota para testemuñar a súa presenza en obras lexicográficas de primeira hora.--HacheDous=0 (conversa) 22 de novembro de 2021 ás 16:07 (UTC)[responder]