Pasaporte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capa de pasaporte brasileiro.

Un pasaporte é un documento de identidade emitido por un goberno nacional no que este recoñece formalmente ao portador coma nacional do Estado en particular e acredita o permiso ou autorización legal para saír ou ingresar no mesmo, polas fronteiras internacionais.

Os pasaportes están ligados ao dereito de protección legal no exterior e ao retorno do individuo ao seu país de orixe. O pasaporte xeralmente contén, para identificar o seu portador, algúns elementos comúns, a saber: fotografía, sinatura, data de nacemento, nacionalidade e algunhas veces outras informacións coherentes ao seu propósito. Moitos países están desenvolvendo propiedades biométricas para os seus pasaportes para confirmar con precisión que a persoa que o presenta é o seu lexítimo propietario.

Historia[editar | editar a fonte]

Páxina interna de pasaporte portugués de 1927.

Unha das primeiras referencias aos pasaportes foi feita no -450 por Neemias, un oficial, ó servizo do Rei Artaxerxes da Persia antiga, pediu permiso para ir a Xudá. O rei concedeullo e deulle unha carta destinada "aos gobernantes da provincia doutro lado do río" obrigando darlle seguridade, en canto estivese en terras estranxeiras.

A orixe do termo pasaporte é controvertido. Segundo algunhas fontes xurdiu en Francia durante o reinado de Luís XIV, onde o soberano fornecía aos seus favorecidos cartas requirindo o tránsito dos portadores polos portos, tales misivas eran chamadas "Passe Port" que literalmente significa pasar por un porto no idioma francés, no cal, a palabra para pasaporte é passeport. Outros afirman que o termo é oriúndo da Idade Media cando documentos emitidos por autoridades locais pedían autorización para que os seus protexidos puideran pasar polas portas dos muros das cidades. Tales documentos xeralmente contiñan unha lista de cidades entre as cales o seu portador podería circular. Independente da orixe do termo pasaporte, este, mantivo o formato de carta por un longo período e na ausencia de fotografías, para a identificación, algúns contiñan descricións físicas do portador. Os primeiros pasaportes con fotografía xurdiron no inicio do século XX.

Despois de cada unha das guerras mundiais, primeiramente a Liga das Nacións (conferencia internacional sobre pasaportes, formalidades aduaneiras e vistos, 1920), e máis tarde a ONU xuntamente coa OACI, organismo internacional regulador da aviación civil, emitirán unha guía para padronizar o formato e características inherentes aos pasaportes. Estas guías foron, en grande parte, as que orixinaron o formato actual dos pasaportes.

Recentemente está habendo un movemento para introducir, nos pasaportes, informacións biométricas, para mellorar a seguridade de identificación. Eses novos elementos aínda son cuestionados pola dificultade de ser implantados actualmente, pois a tecnoloxía existente aínda non satisfai os requirimentos relacionados co seu uso común. Os EUA, por exemplo, por dúas veces adiaron a introdución da biometría, nos documentos de viaxe, debido a resultados insatisfactorios en probas realizadas.

Un pasaporte usualmente posúe unha inscrición (frecuentemente na contracapa) solicitando axuda para o portador do documento. O texto dun pasaporte de Israel, por exemplo, declara:

"The Minister of the Interior of the State of Israel hereby requests all those whom it may concern to allow the bearer of this passport to pass freely without let or hinderance an to afford him such assistance and protection as may be necessary."

Traducido ven sendo:

"O ministro do interior do Estado de Israel, por medio deste, solicita a todos a quen poida interesar, permitir ao portador deste pasaporte pasar libremente sen incomodos ou obstáculos e proverlle a asistencia e protección se fose preciso."

Tipos[editar | editar a fonte]

Para a maior parte dos cidadáns son emitidos pasaportes comúns usados en viaxes regulares.

Para o corpo diplomático emítese o pasaporte diplomático, que identifica aos seus membros coma representantes diplomáticos de seu país natal. Así eles gozan de privilexios no país onde están a realizar o seu traballo, se o goberno local recoñece ao portador do pasaporte coma membro dunha misión diplomática.

Un pasaporte diplomático emitido polos Estados Unidos. O pasaporte difire dun pasaporte común en catro puntos, a saber: a inclusión da palabra Diplomático na capa, o libreto é negro e non da cor azul presente no común, a numeración do pasaporte e unha anotación na última páxina onde se le, "o portador deste pasaporte encóntrase no exterior en misión diplomática do goberno dos Estados Unidos."

Pasaportes de servizo son emitidos ao persoal técnico e administrativo en misión diplomática, coma unha embaixada ou consulado. Ese expediente ten menos inmunidades e privilexios comparados cós diplomáticos. Os seus detalles encóntranse descritos na Convención de Viena sobre relacións diplomáticas.

Algúns países emiten pasaportes oficiais a algúns dos seus servidores civís, para viaxes con propósitos oficiais, algunhas veces intercambiados cos pasaportes de servizo. Dependendo de acordos bilaterais entre as nacións envolvidas, os portadores dun pasaporte oficial deben ter un visto que o pasaporte común non precisaría, e noutros casos estes teñen garantía de entrada sen visto, onde aos detentores de pasaporte común lles é preciso. Como exemplo temos os cidadáns ucraínos portadores de pasaporte oficial (así coma os de pasaporte de servizo) que, poden ir a Polonia e a Romanía sen visto.

Un pasaporte colectivo pode ser emitido, por exemplo, a unha viaxe de escola. Todos os cativos estarán cubertos polo mesmo documento durante toda a viaxe.

Documentos con función de pasaporte poden ser emitidos por países onde hai complexas leis de nacionalidade. No Reino Unido resultado de súa herdanza colonial e, constitución única, desenvolvéronse diferentes clases de cidadanía británica. Algúns pasaportes son simplemente documentos de viaxe, sen concesión de dereito domiciliar, en canto outros indican ao portador coma posuidor de pleno dereito de residencia no país. Xunto a iso está o feito de non seren todos os cidadáns británicos, membros da Unión Europea, desa forma, estes teñen pasaportes sen os símbolos da UE.

Nun mesmo país poden existir ”múltiples reximes de pasaporte'. O principal exemplo diso é a China, onde o modelo de "un país, dous sistemas" fixo que Hong Kong e Macau tivesen réximes propios de emisión de documentos de viaxe e fosen responsábeis, tamén, de implantar e controlar as políticas de control inmigratorio. A cantidade de países que oferecen visto ou entrada libre, aos portadores destes tres modelos de pasaporte varia.

Algúns países introduciron ”pasaportes internos' para regular o tránsito interno da súa poboación. Exemplos: o sistema da antiga Unión Soviética de pasaporte interno, actualmente vixente na Rusia, o "hukou" sistema de rexistro domiciliar usado na República Popular da China ou o caso de Corea do Norte.

Padróns[editar | editar a fonte]

Características técnicas[editar | editar a fonte]

Os Pasaportes teñen un formato estándar. Comezan cunha capa identificando ao país emisor, despois unha páxina tamén nomeando o país. Isto é xeralmente procedido de páxinas fornecendo informacións sobre o portador, ao que se segue unha cantidade de páxinas numeradas en branco destinadas a vistos de entrada e saída. Aos pasaportes o país emisor dalles un número de serie.

Información coma nome, apelido, data de nacemento, naturalidade e etc, ata un pasado recente acostumaban ser mostradas no pasaporte apenas en forma de texto. Nos últimos anos os pasaportes emitidos por varios países téñense tornado máis complexos.

Pasaportes con banda óptica son estandarizados mundialmente polo padrón OACI. Posúen unha zona onde algunhas informacións anteriormente textuais están agora escritas nun código alfanumérico, propio para ser lido por unha lectora óptica. Isto habilita aos oficiais de fronteira e outros axentes da lei para procesar tales pasaportes rapidamente no computador.

Pasaportes biométricos con chips de información, inclúen informacións suplementarias sobre o portador nun formato dixital. Estes pasaportes foron introducidos na Australia, Europa, Xapón, Malaisia e nos Estados Unidos. Estes novos pasaportes foron introducidos primeiramente para previr o fraude de identidade. No futuro servirán tamén para o control da inmigración dos países. En pasaportes biométricos introdúcense habitualmente mapas de cara. Os seus datos (que consisten nas distancias chave do rostro) son capaces de identificar unha persoa apenas coa foto do pasaporte non habendo necesidade de ningunha outra información.

Capa de Pasaporte Americano.

Linguas[editar | editar a fonte]

En 1920 a conferencia internacional para pasaportes, formalidades aduaneiras e visado estabeleceu que os pasaportes deberían ser confeccionados en francés e ao menos outro idioma. Hoxe, moitos países expeden pasaportes en inglés e a lingua oficial do estado emisor.

  • Bélxica permite aos seus nacionais optar por cal dos tres idiomas oficiais do país, a saber: neerlandés, francés e alemán, prefiren que sexa o primeiro idioma a constar no seu pasaporte individual.
  • A cobertura do pasaporte de Hungría, Utlével (en húngaro carta de estrada), está só en húngaro, pero na segunda presenta o termo pasaporte nos idiomas húngaro e inglés. A páxina cós datos persoais do portador ofrece as informacións nos idiomas húngaro, inglés e francés e actualmente aínda conta con unha páxina adicional contendo explicacións complementarias nos idiomas: inglés, francés, chinés, ruso, español e árabe, tendo sido esa unha modificación recente no formato do documento.
  • Os pasaportes emitidos por estados membros da Unión Europea conteñen as informacións en todos os idiomas oficiais da Unión.
  • Os pasaportes dos Estados Unidos, antes emitidos en francés e inglés, son agora producidos en inglés, francés e español. Esa modificación foi incorporada durante o segundo goberno de Bill Clinton polo feito de estar sendo aplicados tamén estes documentos a Porto Rico, territorio de lingua española.
  • Os pasaportes soviéticos eran impresos só en ruso e francés, mesmo co feito de ter sido a Unión Soviética un país de singular diversidade lingüística.

Formatos comúns[editar | editar a fonte]

Os estados membros da Unión Europea son, talvez, o exemplo mais coñecido de países que contan cun formato común a todos os seus pasaportes. Os pasaportes europeos dos cidadáns comúns son vermello borgoña, coas palavras Unión Europea escritas (na lingua ou linguas oficiais nacionais) na capa, abaixo do que está o nome oficial do país, e o escudo nacional. A palabra pasaporte nas respectivas lingua ou linguas encontrase na parte inferior.

Na América Central os membros do CA-4, tratado que ten Guatemala, El Salvador, Honduras, e Nicaragua coma membros, adoptaron o mesmo modelo de pasaporte, tamén chamado de Pasaporte da América Central. O proxecto ten súa estrutura baseada no documento xa utilizado por Nicaragua e El Salvador desde a década dos noventa, e converteuse no padrón definitivo do bloco a partir de xaneiro do ano de 2006. Os seus principais elementos son a súa capa azul mariño coas palabras "América Central" e o mapa do continente có territorio do país emisor destacado en dourado. Iso substitúe os selos dos diferentes países cun só elemento, o mapa. Na extremidade inferior figuran o nome do país emisor e o tipo do pasaporte. Presenta as súas informacións en español, francés e inglés. O novo pasaporte inclúe oitenta e nove medidas de seguranza, entre elas código de barras bidimensional, hologramas e marcas de auga, sendo este pasaporte un dos máis seguros do mundo.

A Comunidade Caribeña (CARICOM) recentemente iniciou a emisión de pasaportes comúns, presentando o símbolo do CARICOM xuntamente aos selos e nomes oficiais dos estados membros mostrados no seu idioma oficial, a saber: inglés, neerlandés ou francés. O primeiro membro do bloco a emitir o pasaporte do CARICOM foi o Suriname, a ser seguido por São Vicente e Granadinas, Güiana, Antigua e Barbuda e outros países.

A declaración adoptada en Cuzco, Perú, resultando na Unión de Nacións Sudamericanas, incluía un intento para o estabelecemento dun pasaporte común, mas iso parece ser algo aínda distante de súa concretización. Algúns membros dos blocos sub-rexionais coma o Mercosur e a Comunidade Andina de Nacións emiten pasaportes ós seus nomes e selo oficiais e máis o nome do grupo, por exemplo Paraguai e Ecuador. Os países da Comunidade Andina confeccionarán a partir de 2005 os seus pasaportes có nome do bloco rexional en español.

Restricións gobernamentais e casos especiais[editar | editar a fonte]

A maioría dos países recoñece os pasaportes de case todas as nacións, pero hai un número de excepcións. Xeralmente esas excepcións acontecen cando un país non recoñece un territorio coma estado soberano. Algúns países tamén declinan pasaportes que non ofrecen ao portador o dereito de vivir no país emisor. Por non consideraren unha autoridade como país soberano pasaportes non son aceptados sendo iso unha política aplicada por moitos países, aínda así fanse algunhas concesións no caso por exemplo das persoas envolvidas en negociacións diplomáticas e daqueles ofrecendo axuda humanitaria. Dous dos exemplos de non recoñecemento dun pasaporte, son os de Hong Kong e Macau, rexións de administración especial da China.

En grande parte dos países os pasaportes pertencen ao estado e poden ser recollidos en calquera momento. En algúns países as autoridades poden declarar a retención dun pasaporte, aínda que tais casos deban ser apreciados pola Justiza.

Moitos países emiten apenas un pasaporte por persoa. Unha vez expirado o aplicante precisa entregar o documento expirado ou sometelo á autoridade emisora para que este sexa invalidado. Un crecente número de países, incluíndo o Reino Unido e os Estados Unidos están permitindo aos seus cidadáns posuíren máis dun pasaporte por persoa. Iso debe ser útil para un individuo que viaxe frecuentemente a moitos países: un pasaporte é usado para obter vistos en tanto a persoa pode viaxar para o exterior co outro pasaporte.

Algúns países impoñen requirimentos políticos e ideolóxicos ou prohibitivos para requirentes de pasaporte, emitindo vistos de saída e pasaportes a quen os cumpra.

Rexións especiais da China: Macau e Hong Kong[editar | editar a fonte]

Sobre os auspicios das súas leis básicas, Hong Kong e Macau posúen a autoridade de emitir pasaportes, realizar acordos, abolir requirimentos de visto para outros países e exercer o control de inmigración en nacionais estranxeiros. Pasaportes emitidos polas respectivas administracións especiais declaran que o portador é cidadán chinés co dereito de domicilio na provincia emisora. O congreso nacional da China tamén delegou poderes a Hong Kong e Macau para administraren as leis de nacionalidade chinesas nos seus respectivos dominios.

A República Popular da China non recoñece á República da China como un estado soberano, considerando Taiwán (Formosa) unha parte de seu territorio. Pola súa parte a República da China baseada en Taiwán desde 1949 non renunciou a reivindicación da China Continental. A despeito do feito de presenza mutua de control de imigración dos dous lados do estreito de Taiwán, ningunha das partes considera a travesía continente-illa coma unha viaxe internacional. Tanto a República Popular da China como a República da China nunca carimbam pasaportes emitidos do outro lado.

Un residente de Taiwán entrando na China continental usa un permiso especial emitido polas autoridades de seguranza do continente e xeralmente tramitan ese permiso en Hong Kong ou Macau. No porto de entrada en Taiwán, hai unha conspícua utilidade onde os residentes do continente deben someter os seus pasaportes e outros documentos emitidos na porción continental. Por outro lado residentes de Taiwán manteñen os seus documentos de identidade emitidos en Taiwán encanto estiveren no continente.

Mesmo os cidadáns de etnia chinesa en Hong Kong, que ostentan pasaporte nacional británico ultramarino ou pasaporte de cidadán británico, moitos sobre os auspicios do programa instituído polo Reino Unido en 1990, son considerados pola República Popular da China coma seus nacionais, por iso non recoñecen eses pasaportes portados así como non recoñecen a dupla nacionalidade. Estas persoas usan o Permiso de Retorno para entrar na China desde a devolución.

Os residentes de Hong Kong non debrn utilizar os seus pasaportes, nacional británico ultramarino e/ou da Administración Especial de Hong Kong para entraren en Taiwán. Xuntamente co documento precisan dun permiso especial de viaxe emitido polo órgano taiwanés de arranxos de imigración para portadores de pasaporte británico provenientes de Hong Kong visitando a República da China. Aqueles que van pela primeira vez precisan conseguir a autorización antes do embarque, mais a partir da segunda entrada xa é posíbel conseguir a autorización despois da chegada, condición suxeita a algunhas restricións específicas.

Chipre[editar | editar a fonte]

A República Turca de Chipre do Norte emite pasaportes, mais somente a Turquía recoñece o Estado do norte do Chipre. Os pasaportes da República Turca do Noroeste do Chipre non son válidos para a entrada na República do Chipre. Ate o ano de 2003, a República da Turquía non aceptaba pasaportes da República do Chipre por non recoñecer a lexitimidade de tal goberno, actualmente a Turquía acepta o pasaporte da República do Chipre.

A República do Chipre tamén recusa a entrada de detentores de pasaporte iugoslavo, que presente un carimbo de renovación co nome Macedonia (ver FYROM).

Israel[editar | editar a fonte]

Moitos países árabes non permiten a entrada de persoas con evidencias de estadías en Israel, ou a presenza de vistos deste estado usados ou non nos seus pasaportes, desde que non recoñecen a existencia do estado de Israel. Para axudar aos estranxeiros a desvencellárense destas restricións, o estado de Israel non carimba os pasaportes na entrada ou sequera pide vistos previos, facendo que fique difícil para os países restrinxentes a identificación daqueles cidadáns que alá estiveran. Moitas destas nacións poden bloquear a entrada dun estranxeiro con pasaportes con carimbos de saída de cidades xordanas ou exipcias fronteirizas con Israel.

Países de maioría musulmá que non aceptan pasaportes de Israel son:

Países musulmáns que aceptan pasaportes de Israel son:

O único país que non acepta os pasaportes israelitas e non se encontra no grupo de nacións musulmás ou árabes é a Corea do Norte, que posúe unha alianza importante coa OLP.

Coreas[editar | editar a fonte]

A travesía da área sobre a administración da República da Corea, comunmente coñecida coma Corea do Sur, directamente para o norte, non é considerada unha viaxe internacional, de acordo co punto de vista do sur. A constitución da República de Corea considera o Norte como parte de seu territorio con administración independente.

O privilexio dun pasaporte na Corea do Norte é para poucos. Pertencer ao partido dos traballadores coreanos é un requisito esencial.

Paquistán[editar | editar a fonte]

O Paquistán impón un requirimento aos seus cidadáns musulmáns, cando estes van requirir un pasaporte, obrigándoos a concordar cunha declaración na que se autoproclaman musulmáns, recoñecen a Hazrat Muhammad coma o último dos profetas e denuncian a Mirza Ghulam Ahmad Qadliani coma un impostor e tamén consideran aos seguidores dos grupos Lahori, Qadliani e Mirzai como non musulmáns.

Coa emisión dos novos pasaportes biométricos en 2005 (nos que a columna relixión sería eliminada), a declaración non sería necesaria, mais esa decisión foi recentemente revertida polo goberno do Paquistán.

Arabia Saudita[editar | editar a fonte]

O goberno da Arabia Saudita como algúns outros gobernos non recoñece dupla nacionalidade para os seus cidadáns. Os cidadáns árabes que teñen a dupla cidadanía xeralmente mantéñeno oculto. Se un segundo pasaporte é descuberto, pode ser confiscado e o portador preso.

España e Xibraltar[editar | editar a fonte]

O goberno da España ten adoptado unha política de non aceptar pasaportes británicos emitidos en Xibraltar, baseado no feito de non considerar ao goberno da rexión coma unha autoridade legalmente emisora de tales documentos. Consecuentemente algúns cidadáns de Xibraltar foron rexeitados na fronteira de España ao portar estes documentos. Contodo, a palabra Xibraltar aparece baixo das palabras Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte, coma en pasaportes doutras colonias británicas.

Tonga[editar | editar a fonte]

Algúns países non aceptan o pasaporte tongano de persoa protexida, aínda que acepten o pasaporte emitido para os cidadáns tonganos.

Viaxes internacionais sen pasaporte[editar | editar a fonte]

Nalgunhas circunstancias, a viaxe entre países pode ser feita sen pasaporte. Estas inclúen:

Acordos recíprocos[editar | editar a fonte]

Algúns países teñen acordos recíprocos onde un visto non se fai necesario dentro de certas condicións coma por exemplo cando a visita é por turismo e por un tempo relativamente pequeno.

Poucos países teñen acordos de cruzamento de fronteira sen pasaportes (mais xeralmente con identificación). Exemplos inclúen:

  • O Reino unido e a República da Irlanda: Cidadáns do Reino Unido e da Irlanda non necesitan de pasaporte para viaxar polos dous países. Outros nacionais da Unión Europea deben mostrar a súa identidade nacional ou pasaporte. Todos os outros estranxeiros precisan un pasaporte con ou sen visto.
  • Nas nación do CA-4: cidadáns da Guatemala, El Salvador, Honduras e Nicaragua non necesitan dun pasaporte para viaxar entre os catro países, mais é precisa un documento de identificación.
  • Nos países do NAFTA: (Estados Unidos, México e Canadá) é preciso o pasaporte para entraren nos Estados Unidos. O goberno do Canadá respondeu a iso, declarando que en breve os cidadáns americanos van necesitar de pasaporte para entrar no Canadá.

México xeralmente non pide o pasaporte para entrar no país, pero os cidadáns americanos precisan dun pasaporte para volver aos Estados Unidos.

  • Líbano e Siria (require documento de identidade).
  • India, Nepal e Bután (require documento de identidade).
  • Italia, Eslovenia e Hungría admiten a croatas só co documento de identidade croata.
  • Rusia e algúns dos países formadores da antiga Unión Soviética (require documento de identidade).

Moitos nacionais latino-americanos poden viaxar dentro de súas respectivas áreas económicas rexionais apenas coas súas identidades oficiais. O MERCOSUR: Brasil, Arxentina, Paraguai, Uruguai e Venezuela, a Comunidade Andina de Nacións: Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia e Venezuela. Hai aínda casos en que acordos bilaterais tamén garanten ese privilexio, algúns exemplos son os existentes entre o Chile e o Perú e o de Brasil e Chile. Hai unha intención de que iso se estenda a toda a América do Sur a través da nova Comunidade Sudamericana de Nacións.

Unión Europea, Área Económica Europea e tratado de Schengen[editar | editar a fonte]

Os cidadáns da Área Económica Europea (Unión Europea máis Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza), gozan do dereito de viaxar e traballar libremente en calquera país da Unión, salvo algunhas disposición transitorias que poidan restrinxir os dereitos dos cidadáns dos novos estados membros para traballar noutros países.

Alén diso, algúns países asinaron o tratado de Schengen onde non se implementan controis fronteirizos entre os membros, a menos que se apliquen condicións excepcionais. A maioría dos países da Unión Europea e Suíza asinaron o acordo.

Refuxiados e persoas sen estado[editar | editar a fonte]

As persoas sen estado, aqueles a quen ningún país garante un pasaporte ou cidadanía, xeralmente viaxan para o exterior con documentos de tránsito emitidos pola ONU, de acordo cós termos da convención de 1951 relacionada ao status de refuxiados. Tais documentos son válidos no lugar do pasaporte para moitos gobernos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pasaporte

Outros artigpos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]