Ordoño IV
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Monarcas de Galicia |
|---|
| Reino de Galicia |
Ordoño IV foi rei de Galiza[1] durante o século X.
Traxectoria [editar]
Foi coroado en Santiago de Compostela tras a expulsión de Sancho I o Craso. Contou co apoio de Rosendo de Celanova en Galicia e o conde de Castela Fernán González. Era fillo de Afonso IV o Monxe e sobriño de Ramiro II.
Casou coa filla do conde castelán, buscando a cohesión co cada vez máis independentista condado. Isto determinou o descontento de parte da nobreza galega.
Reinou nun período turbulento do Reino de Galiza marcado polo enfrontamento entre irreconciliables faccións nobiliarias galegas, castelás, asturianas ou da Terra de Foris. A imposibilidade de poñer orde nesta caótica situación granxeoulle unha pésima fama reflectida nas crónicas cristiás e musulmás. Determinada historiografía coñéceo como Ordoño IV o Mao. Despachou varios documentos a prol da igrexa de Iria-Santiago de Compostela.
Os fracasos na gobernación propiciaron que os mesmos que o apoiaran, entre eles Rosendo, optasen pola volta de Sancho, no ano 959. Sancho entrou en Zamora co apoio das tropas do califa cordobés. Ordoño refuxiouse en Castela ata que Fernán González foi feito prisioneiro polo novo rei galaico. Finalmente foi acollido en Córdoba polo califa al-Hacán. Morreu no ano 960, sen ter renunciado ao trono.
| Reino de Galiza e León | ||
|---|---|---|
Segue a: Sancho I de León |
Ordoño IV | Precede a: Sancho I de León |
| Astur-Leonesa | ||