García Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garci Fernández, 2° conde de Castela, Praza Maior de Salamanca

García Fernández ou Garci Fernández, coñecido como O das Brancas Mans, nado en Burgos no ano 938 e finado en Córdoba no 995, foi o 2°Conde de Castela do 970 ao 995.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Fernán González, seguía recoñecendo a superioridade xurídica dos monarcas leoneses, aínda que tiña plena autonomía administrativa no seu territorio.

Para facer fronte ao perigo musulmán que ameazaba as súas fronteiras, ampliou a base social do condado promulgando as ordenanzas sobre os cabaleiros viláns de Castrojeriz, equiparando aos cabaleiros viláns cos infanzóns: aqueles campesiños que dispuxesen dun cabalo para a guerra serían equiparados automaticamente cos nobres de segunda clase.

Foi derrotado por Almanzor o ano 981 na batalla de Tarancueña.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

Casado no ano 960 con Ava de Ribagorza, filla de Ramón II do Condado de Ribagorza, con Ava tivo os seguintes fillos:

Predecesor:
Fernán González
Conde de Castela
970 - 995

Escudo de Castilla.svg

Sucesor:
Sancho García

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]