Mendo Gundisalviz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mendo Gundisalviz, Menendus Gundisalviz, Mendo II Gonçalves ou Menendo González, falecido o 6 de outubro de 1008, foi un duque galego, conde de Portugal (997-1008) e figura dominante no Reino de Galiza arredor do ano 1000.

Familia[editar | editar a fonte]

Posiblemente, fillo maior, Mendo foi fillo e sucesor de Gonzalo Menendiz e a súa muller Ilduara Pais, importantes aristócratas galegos do condado de Portucale. Segundo as fontes contemporáneas Mendo casou cunha muller de nome: Toda (Tota, Todadomna, Tutadomna, Tutadonna, etc.).

Foi o titor e sogro do rei Afonso V. Mantivo boas relacións diplomáticas co Califato de Córdoba ata 1004, cando estala a guerra entre o reino e o estado musulmán. Nos seus últimos anos ocupouse da defensa da costa perante os constantes ataques viquingos, un dos cales lle tería producido a morte.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Deste matrimonio naceron polo menos cinco fillos e tres fillas.

  • Rodrigo, era un antepasado directo na liña maternal de Urraca Fróilaz, muller de Pedro Fróilaz de Traba.
  • Gonzalo (atestado 1007?14), é citado co título de conde.
  • Ramiro (atestado 1005?14) desempeñou o alto cargo de armiger regis, ou real alférez, e que o seu pai tamén desempeñou.
  • Egas
  • Munio
  • Elvira
  • Ilduara ou Aldara.
  • Aldonza