ASM Clermont Auvergne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASM Clermont Auvergne
Nome completo ASM Clermont Auvergne
Alcume(s) L'ASM
Fundación 1911
Localización Clermont-Ferrand
Estadio(s) Parc des Sports Marcel Michelin
Capacidade 15.000 persoas
Presidente René Fontès
Adestrador Vern Cotter
Capitán Aurelien Rougerie
Máx. Anotador -
Máis ensaios -
Liga Francia Top 14
Tempada 2010/11
Posición -
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


O ASM Clermont Auvergne é un club profesional de rugby da cidade francesa de Clermont-Ferrand, fundado no ano 1911 co nome de Association Sportive Michelin, pola coñecida fábrica de cauchos da localidade, sendo dende os seus comezos unha institución polideportiva na que tamén hai seccións de fútbol, baloncesto, atletismo, ximnasia, tenis, loita, judo e boxeo.

Índice

[editar] Historia

No ano 1922 cambiou o nome polo de Association Sportive Montferrandaise, chamado familiarmente polos seus seguidores L'ASM, e coñecido no mundo do rugby como Montferrand.

O equipo obtivo o ascenso á máxima categoría do rugby francés no ano 1925, e dende entón non descendeu nunca. A pesares da súa continua presenza na división de honra francesa, o ASM non foi quen de gañar o seu primeiro título de campión francés ata o ano 2010, despois de ser 10 veces subcampión nos anos 1936, 1937, 1970, 1978, 1994, 1999, 2001, 2007, 2008 e 2009 (feito polo que o club era coñecido coma un perde-finais).

Dende o ano 2004 o club cambiou a súa denominación pola actual de ASM Clermont Auvergne.

Nas competicións europeas o club tivo un éxito relativo ata hoxe, porque aínda que na segunda competición continental (a European Challenge Cup) o club logrou 2 títulos nos anos 1999 e 2007, na máxima competición (a Heineken Cup) o ASM Clermont Auvergne no ten feito nada salientable.

O estadio no que o club xoga os seus partidos como local é o Stade Marcel Michelin, chamado así en honra do fundador do club e da famosa compañía industrial. No campo collen 15.000 persoas.

Nesta tempada 2010/11 o club compite para gañar a Heineken Cup e o Top 14 francés.

[editar] Títulos

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas