ASM Clermont Auvergne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Association Sportive Montferrandaise»)
ASM Clermont Auvergne
Alcume(s)Montferrand, Clermont, ASM, Jaune et Bleu, Jaunards
Fundación1911; hai 113 anos
SedeFrancia Clermont-Ferrand, Francia
Estadio(s)Stade Marcel-Michelin
Capacidade19.022 espectadores
AdestradorFranck Azéma
CapitánMorgan Parra
CapsAurélien Rougerie (418)
AnotadorGérald Merceron (2.704)
Liga(s)Top 14
2018−192º (subcampión)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.asm-rugby.com/
Facebook: asm.clermont.auvergne Twitter: ASMOfficiel Instagram: asm_rugby_officiel LinkedIn: asm-clermont-auvergne Youtube: UCAwMdlmJy1PmeeXwdZuTjXw Editar o valor em Wikidata

O ASM Clermont Auvergne é un club profesional de rugby da cidade francesa de Clermont-Ferrand, fundado no ano 1911 co nome de Association Sportive Michelin, pola coñecida fábrica de cauchos da localidade, sendo dende os seus comezos unha institución polideportiva na que tamén hai seccións de fútbol, baloncesto, atletismo, ximnasia, tenis, loita, judo e boxeo.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1922 cambiou o nome polo de Association Sportive Montferrandaise, chamado familiarmente polos seus seguidores L'ASM, e coñecido no mundo do rugby como Montferrand.

O equipo obtivo o ascenso á máxima categoría do rugby francés no ano 1925, e dende entón non descendeu nunca. Malia a súa continua presenza na división de honra francesa, o ASM non foi quen de gañar o seu primeiro título de campión francés ata o ano 2010, despois de ser 10 veces subcampión nos anos 1936, 1937, 1970, 1978, 1994, 1999, 2001, 2007, 2008 e 2009 (feito polo que o club era coñecido coma un perde-finais).

Dende o ano 2004 o club cambiou a súa denominación pola actual de ASM Clermont Auvergne.

Nas competicións europeas o club tivo un éxito relativo ata hoxe, porque aínda que na segunda competición continental (a European Challenge Cup) o club logrou 2 títulos nos anos 1999 e 2007, na máxima competición (a Heineken Cup) o ASM Clermont Auvergne no ten feito nada salientable.

O estadio no que o club xoga os seus partidos como local é o Stade Marcel Michelin, chamado así en honra do fundador do club e da famosa compañía industrial. No campo collen 15 000 persoas.

Neta tempada 2015/16 o club competirá por gañar a Copa de Campións Europea de Rugby e o Top 14 francés.

Títulos[editar | editar a fonte]

Elenco[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os xogadores dos Clermont para o Top 14 de 2019−20.[1]

Equipo do Clermont (Top 14)

Piliers

  • Francia Etienne Falgoux
  • Xeorxia Beka Kakabadze
  • Moldavia George Ojovan
  • Francia Rabah Slimani
  • Tonga Loni Uhila
  • Xeorxia Davit Zirakashvili

Talonadores

  • Francia Yohan Beheregaray
  • Portugal Mike Tadjer
  • Australia John Ulugia

Segunda liña

  • Francia Paul Jedrasiak
  • Inglaterra George Merrick
  • Australia Sitaleki Timani
  • Francia Sébastien Vahaamahina
  • Suráfrica Jacobus van Tonder

Terceira liña

  • Francia Judicaël Cancoriet
  • Francia Arthur Iturria
  • Francia Alexandre Lapandry
  • Nova Zelandia Fritz Lee
  • Francia Julien Ruaud
  • Fidxi Peceli Yato

Medios-melé

  • Francia Charlie Cassang
  • Escocia Greig Laidlaw
  • Francia Morgan Parra (c)

Aperturas

  • Francia Camille Lopez
  • Australia Jake McIntyre

Centros

  • Australia Peter Betham
  • Francia Wesley Fofana
  • Nova Zelandia George Moala
  • Fidxi Apisai Naqalevu
  • Francia Damian Penaud

Ás

  • España Samuel Ezeala
  • Francia Rémy Grosso
  • Samoa Tim Nanai-Williams
  • Francia Alivereti Raka

Zagueiros

  • Inglaterra Nick Abendanon
  • Nova Zelandia Isaia Toeava
  • Fidxi Setariki Tuicuvu
(c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joueurs". ASM Rugby. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]