Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CS Bourgoin-Jallieu
|
| Nome completo |
Club Sportif Bourgoin-Jallieu |
| Alcume(s) |
|
| Fundación |
1906 |
| Localización |
Bourgoin-Jallieu, Francia |
| Estadio(s) |
Stade Pierre Rajon |
| Capacidade |
9.441 |
| Presidente |
Pierre Martinet |
| Adestrador |
Christophe Urios |
| Capitán |
Julien Frier |
| Máx. Anotador |
|
| Máis ensaios |
|
| Liga |
Top 14 |
| Tempada |
2008-09 |
| Posición |
11º |
| [www.csbj-rugby.fr Páxina web oficial] |
|
|
O Club Sportif Bourgoin-Jallieu Rugby, CS Bourgoin-Jallieu, é un club de rugby da vila francesa de Bourgoin-Jallieu. Campión da European Challenge Cup en 1997, participa actualmente no Top 14.
O club foi fundado en 1906 co nome de Club Sportif Bergusien; bergusiens é o antropónimo de Bourgoin. Durante o período de entreguerras, o club xogará na segunda división do rugby francés (nomeada Honneur, Excellence A ou Deuxième Division segundo a época). A partir de 1949, o CSBJ vai manterse sistemáticamente na segunda división. En 1956 troca o seu nome polo nome actual de Club Sportif Bourgoin-Jallieu.
En 1965, o Bourgoin acada o seu primeiro título de importancia, o Campionato d'Excellence ao derrotar por 14-6 ao Beaumont-de-Lomagne na final de Aviñón, coseguindo competir por primeira vez na primeira división (chamada Nationale). Os 12 anos seguintes o club estará descendendo e ascendendo de categoría: descende en 1968, ascende en 1971, descende novamente en 1972, ascende novamente en 1973 e un novo descenso chega en 1979. Logo do último ascenso en 1981, o club non volve descender.
Grazas ás boas xeracións de xoves deportistas, o CSBJ conseguíu xeralmente boas clasificacións no campionato, mais sen gañalo en ningunha ocasión. Logo dunha primeira semifinal de campionato en 1995, perdida fronte ao Stade Toulousain, o equipo de Bourgoin-Jallieu chega á final en 1997, que perderá fronte ao Tolosa. Aquel ano será o mellor momento do club, xa que se alzará como campión da European Challenge Cup,a «segunda» competición de rugby de Europa, gañando ao Castres. Ese mesmo ano tamén xogou a final do Challenge Yves du Manoir. En 1999, o club xogou novamente unha final do Yves du Manoir perdéndoa contra o Stade Français. Durante os seguintes anos, o CSBJ xogou dúas semifinais máis desta competición en 2004 e en 2005.
[editar] Resultados das finais
[editar] European Challenge Cup
[editar] Challenge Yves du Manoir
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas