Racing Métro 92

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Racing Métro 92
Nome completo Racing Club de France
Alcume(s)
Fundación 1882
Localización Colombes, París
Estadio(s) Stade Olympique de Colombes
Capacidade 14.000 persoas
Presidente Jacky Lorenzetti
Adestrador Pierre Berbizier
Capitán
Máx. Anotador -
Máis ensaios -
Liga Francia Top 14
Tempada 2011/12
Posición 6º (cuartos de final)
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


O Racing Métro 92 é un club profesional de rugby francés da cidade de París, fundado no ano 1882, e que xoga na máxima categoría do campionato francés de liga, o Top 14.

Índice

Traxectoria [editar]

Debuxo que representa a primeira final da Liga Francesa de Rugby, entre o Stade Français e o Racing Club de France en 1892.

Fundado en 1882 como Racing Club de France, foi un dos primeiros protagonistas do campionato francés de rugby, sendo de feito o primeiro campión en 1892. Naquela final venceu por 4 a 3 ó Stade Français, e o árbitro foi Pierre de Coubertin.

O club volveu a sair campión nos anos 1900, 1902, 1959 e 1990; e quedou subcampión nos anos 1893, 1912, 1920, 1950, 1957 e 1987.

A actual entidade deportiva naceu da unión da sección de rugby do histórico Racing Club de France e a US Métro en 2001, co obxectivo de profesionalizar ó equipo. Na tempada 2008/09 o Racing Metro 92 ascendeu ó Top 14, onde compite na actualidade. Na tempada 2010-2011 tamén compite na Heineken Cup, a máxima competición continental.

Ten a súa sé no departamento Altos do Sena (o departamento nº92 do norte da zona metropolitana de París) de aí o 92 no nome do club. O club xoga os seus partidos como local no Stade Olympique de Colombes, o mesmo no que se disputaron os Xogos Olímpicos de 1924.


Títulos [editar]

Paquete de dianteiros do Racing Metro antes dunha melé, en 2009.
  • Top 14 (5) = 1892, 1900, 1902, 1959, 1990
  • Copa de Francia (1) = 1952

Tempada actual [editar]

Francia Top 14 — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Provenza-Alpes-Costa Azul Toulon 76 21 16 0 5 9 3
Auvernia Clermont 74 21 16 0 5 6 4
Mediodía-Pireneos Toulouse Vixente campión de liga 64 21 14 0 7 5 3
Mediodía-Pireneos Castres 58 21 12 1 8 3 5
Illa de Francia Racing Metro 58 21 13 0 8 1 5
Cataluña Perpignan 55 21 12 0 9 2 5
Languedoc-Rosellón Montpellier 55 21 12 0 9 4 3
Ródano-Alpes Grenoble Equipo ascendido a pasada tempada 48 21 11 0 10 1 3
Illa de Francia Stade Français 46 21 10 1 10 2 2
10º País Vasco Biarritz 43 21 9 1 11 1 4
11º País Vasco Bayonne 41 21 8 1 12 1 6
12º Aquitania UBB 31 21 5 0 16 2 9
13º Aquitania Agen 27 21 5 0 16 0 7
14º Aquitania Mont-de-Marsan Equipo ascendido a pasada tempada 15 21 2 0 19 1 6
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      as posicións de descenso directo (13º e 14º).

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]