Pireneos Atlánticos
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Os Pireneos Atlánticos (64) (Pyrénées-Atlantiques en francés, Pirinèus-Atlantics en gascón, Pirinio Atlantiarrak en éuscaro) é o departamento francés número 64, situado ao suroeste de Francia, que toma o seu nome dos montes Pireneos e do océano Atlántico. Ten a súa prefectura en Pau, e dúas subprefecturas: en Baiona e en Oloron-Sainte-Marie. Divídese en tres distritos: Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. A súa poboación en 1999 era de 600.018 habitantes, cunha densidade de 78 hab./km².
O departamento atópase situado ao norte dos Pireneos, que o separan de España (Aragón, Navarra e País Vasco).
A metade occidental do departamento é coñecida como o País Vasco francés, abarcando por completo o distrito de Baiona e a parte occidental do distrito de Oloron-Sainte-Marie mentres que a metade oriental é coñecida como Bearne.