Montpellier Hérault Rugby Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montpellier
Nome completo Montpellier Hérault Rugby Club
Alcume(s)
Fundación 1986 (fusión)
Localización Montpellier, Francia Francia
Estadio(s) Stade Yves-du-Manoir
Capacidade 14.700 espectadores
Presidente Mohed Altrad
Adestrador Fabien Galthié
Capitán
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Top 14
Tempada 2011-12
Posición 5º (cuartos de final)
[www.montpellier-rugby.com Páxina web oficial]
Na súa casa


Fóra


O Montpellier Hérault Rugby Club é un club de rugby francés da cidade de Montpellier a capital de Languedoc-Roussillon. O equipo compite actualmente na máxima categoría da Ligue Nationale de Rugby, o Top 14.

O equipo foi fundado en 1986 da unión do Stade Montpelliérain e o MUC Rugby. Soían xogar os seus partidos como locais no Stade Sabathé, cunha capacidade para 5000 espectadores, mais trasladáronse ao Stade Yves-du-Manoir dende a Copa do Mundo de Rugby 2007. O equipo viste de azul e branco.

Índice

Historia [editar]

O club fundouse en 1986 da unión doutros dous clubes da cidade, o Stade Montpelliérain e o MUC Rugby. O Montpellier non chegou nunca a unha final do Top 14, mais acadaron un bo número doutros títulos. En 1993 gañou o Challenge de l'Espérance.

A principios do anos 2000, o equipo acadou un grande éxito, xa que ascenderon á máxima categoría do rugby de Francia logo de proclamárse campións da Rugby Pro D2 (a segunda división do rugby francés) na tempada 2003. A seguinte tempada o club competiu na terceira competición europea, a European Shield, gañando a final en Maio de 2004 ao equipo italiano do Viadana por 25 a 19.

Palmarés [editar]

Resultados das finais [editar]

Top 14 [editar]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
4 de xuño de 2011 Stade Toulousain Montpellier Hérault RC 15-10 Stade de France, Saint-Denis 77,000

European Shield [editar]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
21 de maio de 2004 Montpellier Hérault RC Viadana 25-19 Sergio Lanfranchi, Parma 2,553

Tempada actual [editar]

Francia Top 14 — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Provenza-Alpes-Costa Azul Toulon 76 21 16 0 5 9 3
Auvernia Clermont 74 21 16 0 5 6 4
Mediodía-Pireneos Toulouse Vixente campión de liga 64 21 14 0 7 5 3
Mediodía-Pireneos Castres 58 21 12 1 8 3 5
Illa de Francia Racing Metro 58 21 13 0 8 1 5
Cataluña Perpignan 55 21 12 0 9 2 5
Languedoc-Rosellón Montpellier 55 21 12 0 9 4 3
Ródano-Alpes Grenoble Equipo ascendido a pasada tempada 48 21 11 0 10 1 3
Illa de Francia Stade Français 46 21 10 1 10 2 2
10º País Vasco Biarritz 43 21 9 1 11 1 4
11º País Vasco Bayonne 41 21 8 1 12 1 6
12º Aquitania UBB 31 21 5 0 16 2 9
13º Aquitania Agen 27 21 5 0 16 0 7
14º Aquitania Mont-de-Marsan Equipo ascendido a pasada tempada 15 21 2 0 19 1 6
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      as posicións de descenso directo (13º e 14º).

Ligazóns [editar]

Site oficial