Xironda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xironda (33), en francés Gironde, é un departamento francés situado no suroeste de Francia, que pertence á rexión Aquitaine. Debe o seu nome ao estuario da Gironde, resultado da confluencia dos ríos Dordogne e Garonne. Este departamento é o máis extenso da Francia metropolitana (10.725 km²).