Biarritz Olympique
| Nome completo | Biarritz Olympique Pays Basque | ||
| Alcume(s) | |||
| Fundación | 1913 | ||
| Localización | Biarritz, Iparralde | ||
| Estadio(s) | Parc des Sports Aguiléra, Biarritz | ||
| Capacidade | 13500 espectadores | ||
| Presidente | Serge Blanco | ||
| Adestrador | Jack Isaac e Jean-Michel Gonzalez | ||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | Top 14 | ||
| Tempada | 2008-09 | ||
| Posición | 5º | ||
| Páxina web oficial | |||
|
|||
O Biarritz Olympique Pays Basque, Biarritz Olympique ou "BO" é un equipo de rugby vascofrancés da cidade de Biarritz (no departamento de Pirineos Atlánticos) que xoga na 1ª División da liga francesa (Top 14).
Xoga no estadio Parc des Sports Aguiléra(simplificado como Aguilera) aínda que xoga os seus partidos europeos no Estadio Municipal de Anoeta de San Sebastián (Euskadi).
[editar] Historia
En 1898 fundouse o club baixo o nombe Amicale des anciens de Jules-Ferry trocándoo por Biarritz Stade e posteriormente, en 1913 por Biarritz Olympique. En 1998 cando o club se consolida na elite do rugby francés elixiu engadir ao seu nome Pays Basque (País Vasco) dando lugar ao nome actual Biarritz Olympique Pays Basque (BOPB) coa intención de reafirmar a súa identidade e promocionar a rexión establecendo unha sólida e estable relación entre un determinado estilo de xogo e polos valores fundamentais que fan a identidade do País Vasco. Esta decisión levou a modificar tamén lixeiramente o escudo do club, ao que se lle engadiron as palabras Pays Basque en verde por debaixo do escudo.
[editar] Palmarés
- Copa de Europa :
- Finalista 2005-2006
- Top 14 :
- Challenge Yves du Manoir :
- Copa de Francia de rugby :
- Finalista : 2002
- Challenge Antoine Béguère :
- Campión : 1991