Aviron Bayonnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviron Bayonnais
Nome completo Aviron Bayonnais
Alcume(s)
Fundación 1904
Localización Baiona, Francia
Estadio(s) Stade Jean Dauger
Capacidade 17000
Presidente Francia Francis Salagoïty
Adestrador Francia Thierry Mentières e Francia Jean-Philippe Coyola
Capitán Francia Rémy Martin
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Top 14
Tempada 2008-09
Posición
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


O Aviron Bayonnais é un equipo de rugby francés da localidade de Baiona nos Pirineos Atlánticos, que compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés.

Foi fundado en 1904, xogan os seus partidos como local no Parq des Sports, máis coñecido como Jean Dauger. A súa mascota é unha pottoka.

Índice

[editar] Historia

O club foi fundado en 1904, xogando a súa primeira final en 1013, perdendo fronte ao S.C.U.F. por 31 a 8 no Stade Yves-du-Manoir. A liga nacional foi remplazada pola Coupe de l'Espérance durante a Primeira Guerra Mundial. A competición foi xogada durante catro tempadas, nas que o Aviron Bayonnais chegou á última final, perdendo por 4 a 3.

Cando a competición francesa volveu ser xogada, o club chegou ata a final en 1922, na que se atopou co Stade Toulousain. O Aviron Bayonnais perdeu a final por 6-0. Os dous clubes encontraríanse novamente na final a seguinte tempada, na que Toulouse gañou novamente, desta vez por 3-0.

O Aviron Bayonnais acadou os seus maiores éxitos a mediados dos anos '30, gañando a Biarritz 13-8 en Toulouse para gañar o seu segundo campionato, e primeiro dende 1913. Tamén gañaron o Challenge Yves du Manoir en 1936, derrotando ao USA Perpignan na final. O club tivo uns resultados similares a mediados dos '40, chegando a dúas finais, gañando ao SU Agen en 1943 no Parc des Princes en París e perdendo en 1944 fronte ao Perpignan.

Dende os anos '40, o club non acadou máis éxitos ata os anos '80, cando chegaron novamente á final do campionato francés. En 1980 gañaron o Challenge Yves du Manoir, derrotando ao AS Béziers 16 a 10 para gañar o seu segundo título nesta competición. No campionato francés acadaron a súa última final en 1982, caendo derrotados polo SU Agen 18 a 9.

[editar] Palmarés

[editar] Resultados das finais

[editar] French championship

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
20 de Abril de 1913 Aviron Bayonnais S.C.U.F. 31-8 Stade Yves-du-Manoir, Colombes 20.000
23 de Abril de 1922 Stade Toulousain Aviron Bayonnais 6-0 Route du Médoc, Le Bouscat 20.000
13 de Maio de 1923 Stade Toulousain Aviron Bayonnais 3-0 Stade Yves-du-Manoir, Colombes 15.000
13 de Maio de 1934 Aviron Bayonnais Biarritz Olympique 13-8 Stade des Ponts Jumeaux, Toulouse 18.000
21 de Marzo de 1943 Aviron Bayonnais SU Agen 3-0 Parc des Princes, París 28.000
26 de Marzo de 1944 USA Perpignan Aviron Bayonnais 20-5 Parc des Princes, Paris 35.000
29 de Maio de 1982 SU Agen Aviron Bayonnais 18-9 Parc des Princes, París 41.165

[editar] Challenge Yves du Manoir

Ano Campión Resultado Finalista
1936 Aviron Bayonnais 9-3 USA Perpignan
1980 Aviron Bayonnais 16-10 AS Béziers

[editar] Coupe de l'Espérance

Data Campión Resultado Finalista
1919 Stadoceste Tarbais 4-3 Aviron Bayonnais

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas