Stade Toulousain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stade Toulousain
Nome completo Stade Toulousain
Alcume(s)
Fundación 1907
Localización Tolosa, Francia Francia
Estadio(s) Stade Ernest-Wallon
Capacidade 19.500
Presidente Francia Jean-René Bouscatel
Adestrador Francia Guy Novés
Capitán Francia Thierry Dusautoir
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Top 14
Tempada 2011/12
Posición Campión (1º na liga regular)
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


O Stade Toulousain é un club de rugby francés, da cidade de Tolosa. É considerado como un dos equipos máis importantes do rugby de Francia e de Europa coas súas catro Copas de Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1907 da fusión dos dous clubs de estudantes de Tolosa. O club perde a súa primeira final no ano 1909 fronte ao Stade Bordelais mais uns anos máis tarde o club da "Virxe Vermella" (ese é o seu alcume dende aquela) gañou o seu primeiro título na final do campionato francés fronte ao Racing Club de France.

Na década de 1920 o rugby convértese no "Deporte Rei" en Francia, e o Stade Toulousain gañou tres títulos máis (1922, 1923, 1924). Mais o Toulouse terá que agardar ata o final da Segunda Guerra Mundial para poñer de novo a súa pegada no palmarés do Campionato (1947).

Despois de anos de seca, na década de 1970 o Béziers impúxose coma o máximo dominador do rugby de Francia, o club volve ser Campión e a levantar o famoso Escudo de Brennus no ano 85. Grazas a unha nova xeración de adestradores e xogadores, o Stade Toulousain consegue ser a máxima referencia do rugby francés e europeo inventando un novo xeito de xogar, baseada no espectáculo e a eficacia, que segue inspirando a moitos adestradores no mundo.

En 1996, logo da legalización do rugby profesional pola International Rugby Board, os mellores clubs e provincias de Francia, Escocia, Gales, Italia e Romanía compiten na primeira Copa de Europa (chamada Heineken Cup) o Stade Toulousain imponse como o primeiro club en ser Campión de Europa gañando a final contra o Cardiff RFC. A final xogouse no Arms Park de Cardiff. O Toulouse ergueu a Heineken Cup dúas veces máis en 2003 e 2005, o que fai ao club occitano o que máis Copas de Europa ten (ademais perdeu as finais de 2004 fronte aos London Wasps e 2008 fronte ao Munster Rugby de Irlanda). En 2010 acadou a súa cuarta Copa de Europa.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Francia Top 14 — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC BO BD
Auvernia ASM Clermont 91 26 19 1 6 779 418 8 5
Provenza-Alpes-Costa Azul RC Toulon 90 26 18 1 7 779 456 11 5
Mediodía-Pireneos Stade Toulousain 79 26 17 0 9 702 501 7 4
Mediodía-Pireneos Castres Olympique 74 26 15 2 9 599 489 4 6
Languedoc-Rosellón Montpellier Hérault 73 26 16 0 10 570 520 5 4
Illa de Francia Racing Métro 92 73 26 16 0 10 512 431 2 7
Languedoc-Rosellón USA Perpignan 61 26 13 0 13 593 607 2 7
Aquitania Aviron Bayonnais 57 26 12 1 13 467 609 1 6
Aquitania Biarritz Olympique 57 26 12 1 13 505 540 2 5
10º Illa de Francia Stade Français 54 26 12 1 13 578 691 2 2
11º Ródano-Alpes FC Grenoble 54 26 12 0 14 480 606 1 5
12º Aquitania Union Bordeaux Bègles 47 26 8 1 17 561 584 4 9
13º Aquitania SU Agen 31 26 6 0 20 423 709 0 7
14º Aquitania Stade Montois 16 26 2 0 24 374 761 1 7
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      as posicións de descenso directo (13º e 14º).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]