Raymond Henry Norweb Sr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un artigo sobre Raymond Henry Norweb (1894-1983); para o seu fillo, con igual nome e apelidos, véxase Raymond Henry Norweb Jr.
Infotaula de personaRaymond Henry Norweb

Raymond Henry Norweb en 1922 [1]

Biografía
Nacemento31 de maio de 1894.
Nottingham, Inglaterra.
Morte1 de outubro de 1983.
(83 anos)
Cleveland, Estados Unidos.
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense.
EducaciónUniversidade Harvard
Actividade
Campo de traballoDiplomacia e numismática.
OcupaciónDiplomático e numismático.
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmery May Holden (1917).
FillosRaymond Henry Norweb Jr.


Raymond Henry Norweb, nado en Nottingham, Inglaterra, o 31 de maio de 1894 e finado en Cleveland, Ohio, o 1 de outubro de 1983, foi un diplomático estadounidense que exerceu como embaixador en diversos países, como Portugal, Perú ou Cuba.

Foi tamén un importante coleccionista numismático, coñecido por posuír, xunto coa súa esposa, unha das máis completas coleccións de moeda estadounidense, canadense, inglesa e hispanoamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Raymond Henry Norweb naceu en Nottingham, Nottinghamshire, Inglaterra en 1894, e en 1907, cando el tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia inicialmente a Illinois e logo a Elyria, Ohio.[2][3]

Logo da súa graduación cum laude na Universidade Harvard en 1916, aprobou as oposicións de acceso á carreira diplomática ese mesmo ano.[2][3]

Carreira diplomática[editar | editar a fonte]

Como diplomático de carreira, acadou o seu primeiro destino en París en 1917, en plena primeira guerra mundial, como segundo secretario do daquela embaixador dos EEUU William Graves Sharp.[2] Seguidamente ocupou postos diplomáticos en varios países, como Xapón (1922), os Países Baixos (1925), as Indias Orientais Neerlandesas, Chile (1929), México (1934), Bolivia (1936), a República Dominicana (1937), Perú (1940), Portugal (1943) e Cuba (1945).[2][3][4]

Como experto en asuntos suramericanos, foi nomeado conselleiro da delegación estadounidense na Conferencia Internacional de Estados Americanos que tivo lugar en Montevideo, Uruguai, en 1933. Tamén foi asesor especial na Conferencia Interamericana para o Mantemento da Paz, celebrada en Buenos Aires en 1936.[2]

En Lima, Norweb participou nun programa peruano-estadounidense de deportación de estranxeiros considerados perigosos, inspirado na Orde executiva 9066 de Roosevelt. Os xaponeses foron deportados de Perú á estación de detención de Seagoville, en Texas.[5]

Durante a segunda guerra mundial, en 1943 o presidente Roosevelt enviouno a Lisboa como xefe da legación estadounidense, con rango de embaixador,[4] para dirixir as negociacións para o establecemento da base aérea estadounidense nos Azores.[3] Norweb xa negociara con anterioridade dereitos sobre bases militares no Perú e a prensa alemá cualificouno como "famoso ladrón de bases americanas".[6] As negociacións para o acordo entre os Estados Unidos e Portugal foron longas e complexas. O acordo final asinouse o 28 de novembro de 1944 entre Norweb e o gobernante portugués Oliveira de Salazar.[7][8] Cando Norweb chegou a Lisboa, a representación diplomática estadounidense era só unha legación, e con Norweb adquiriu tal importancia que se converteu en embaixada en 1944.[2]

En 1948 retirouse en Bratenahl, Cleveland, dando por finalizada a súa carreira diplomática.[3]

Principais destinos como diplomático [4]
País Rango Nomeamento Credenciais Terminación
Bolivia Enviado extraordinario e ministro plenipotenciario 25-04-1936 10-08-1936 14-06-1937
R. Dominicana Enviado extraordinario e ministro plenipotenciario 22-04-1937 07-10-1937 19-02-1940
Perú Embaixador extraordinario e plenipotenciario 12-01-1940 10-04-1940 30-09-1943
Portugal Enviado extraordinario e ministro plenipotenciario 15-11-1943 03-12-1943 20-06-1944
Embaixador extraordinario e plenipotenciario 04-04-1944 20-06-1944 15-02-1945
Panamá Embaixador extraordinario e plenipotenciario 09-02-1945 Non tomou posesión
Cuba Embaixador extraordinario e plenipotenciario 21-05-1945 14-07-1945 22-05-1948

Dedicación á numismática[editar | editar a fonte]

Raymond Henry Norweb e a súa esposa, Emery May Holden, en 1922.[9]

Xunto coa súa muller, Emery, cultivou a súa afección pola numismática e ambos reuniron unha importante colección de moedas, principalmente estadounidenses, inglesas, canadenses e hispanoamericanas.[10][11] Emery herdara xa do seu pai, Albert Holden, unha ampla colección de moeda estadounidense.[12]

O matrimonio Norweb posuía, entre outras raezas, un espécime do escasísimo "dobrón Brasher", que en 1969 doaron á American Numismatic Society. Outra moeda senlleira da súa colección foi un dos cinco exemplares coñecidos da moeda de 5 centavos Liberty Head de 1913, que doaron en 1978 á Colección Numismática Nacional dos EEUU, do Instituto Smithsoniano —onde permanece—,[13][14]para conmemorar o seu sexaxésimo aniversario de voda,[15] logo de rexeitar unha oferta privada por esa moeda de 300.000 dólares.[2] O coñecido como "espécime Norweb" é un dos dous desta moeda que acabaron en propiedade de museos.[16][17]

O "espécime Norweb", da moeda de 5 centavos Liberty Head de 1913.[14]

Tamén destaca na súa colección un ampolo conxunto de máis de 13.000 fichas comerciais inglesas (tokens) dos séculos XVI a XVIII, que foron obxecto dunha exhaustiva catalogación por Robert Hugh Thompson, publicada en sete volumes entre 1984 e 2011, dentro do proxecto Sylloge of Coins of the British Isles.[18] Moitas destas moedas foron adquiridas posteriormente polo Museo Británico.[19]

O conxunto da colección numismática de Norweb foi vendido logo do falecemento de Raymond Henry e de Emery May, a partir de 1987,[20] e alcanzou un prezo total de 20 millóns de dólares. A peza máis valiosa foi a moeda de 20 dólares da Columbia Británica cuñada en 1862, que foi adxudicada por 143.000 dólares.[2][21]

En 1966, Henry Norweb foi nomeado membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.[2][13]

Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Norweb foi membro da Royal Numismatic Society de Londres, da Real Asociación Numismática do Canadá, do Club Numismático de Nova York e da American Numismatic Society. Nesta última formou parte da súa xunta de goberno desde 1960 ata 1978,[12][13] compartindo o cargo coa súa muller a partir de 1969 —ela ingresara na ANS xa en 1914—.[2]

Tamén foi membro vitalicio da James Smithson Society, entidade da que recibiu a medalla de ouro, xunto coa súa esposa, en 1978.[15] Igualmente, Norweb foi presidente do John Huntingdon Fund for Education, e fideicomisario do Kenyon College e da Western Reserve Historical Society.[2][22]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Henry Norweb casou en París o 18 de outubro de 1917 con Emery May Holden (1895-1984), a quen coñecera nesa cidade durante o seu primeiro destino como diplomático. O matrimonio tivo dous fillos e unha filla;[2][3] un deles, Raymond Henry Norweb Jr. (1918-1995),[23] foi tamén un destacado numismático e chegou a presidir a American Numismatic Society entre 1990 e 1994.[24][25]

Raymond Henry Norweb finou de cancro nun hospital de Cleveland, Ohio, o 1 de outubro de 1983,[26][13] e foi soterrado no cemiterio Lake View, desa cidade.[2][27][28] A súa esposa finou só uns meses despois e o seu corpo descansa no mesmo cemiterio.[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "R. Henry Norweb, 3/18/22". Library of the Congress.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 "Henry and Emery May Norweb - Diplomat". Bratenahl Historical Society (Bratenahlhistorical.org)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Smith, P. (2012). Páxina 317.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Raymond Henry Norweb (1894-1983)". Department of State. Office of the Historiasn (History.state.gov).
  5. Cornell, T. (2002). America's Japanese Hostages. The World War II Plan for a Japanese Free Latin America. Bloomsbury Academic. ISBN 9780275975357
  6. Weber, R. (2011). Entry and Escape in Nazi Europe. The Lisbon Route. United States: PublicAffairs; 1 edition. Páxina 208. ISBN 9781566638760
  7. Documentos relativos aos acordos entre Portugal, Inglaterra e Estados Unidos da América para a concessão de facilidades nos Ac?ores durante a guerra de 1939-1945. Ministério dos Negócios Estrangeiros. Imprensa Nacional, Lisboa. 1946.
  8. United States Treaties and Other International Agreements (Vol 2 Part 2). United States Government Printing Office. 1951. Páxina 2.127.
  9. "Mr. & Mrs. R. Henry Norweb, 3/17/22". Library of the Congress.
  10. Holder, M. J.; Bowers, Q. D. (1987). The Norweb Collection. An American Legacy. Bowers and Merena Galleries. ISBN 978-0943161006
  11. "R. Henry Norweb and Emery May Norweb ledgers and auction catalogs, 1867-1984". American Numismatic Society (Numismatics.org).
  12. 12,0 12,1 "Emery May Norweb and R. Henry Norweb". American Numismatic Society (Numismatics.org).
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Smith, P. (2012). Páxina 318.
  14. 14,0 14,1 "5 Cents, United States, 1913". National Museum of American History. Smithsonian Institution.
  15. 15,0 15,1 Montgomery, P. et al. (2005). Million dollar nickels. Mysteries of the illicit 1913 liberty nickels revealed. Bowers and Merena Galleries, Irvine. Páxinas 147-148. ISBN 9780974237183
  16. Bowers, Q. D. (2001). "Pedigree of Five Known 1913 Liberty Nickels". Professional Coin Grading Services.
  17. "The Norweb Specimen". En The Finest Known 1913 Liberty Head Nickel. Stacks & Bowers. 2018. Páxina 19.
  18. Thompson, R. H. (1984-2011): The Norweb Collection. Tokens of the British Isles 1575-1750 [Sylloge of Coins of the British Isles]. Spink & Son Limited, Londres (7 volumes).
  19. "Right Hon R Henry Norweb". The British Museum (Britishmuseum.org).
  20. Catálogos da poxa: The Norweb Collection. Parte I (outubro de 1987), Parte II (marzo de 1988), Parte III (novembro de 1988).
  21. The Norwb Collection of Canadian and Provincial Coins. Bowers and Merena. Nova York. 15 de novembro de 1996.
  22. "Biography of the R. Henry Norweb Family". Western Reserve Historiacal Society (Wrhs.org).
  23. "R. Henry Norweb Jr.". Findagrave.com
  24. "Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society (Numismatics.org).
  25. Smith, P. (2012). "Norweb, R(aymond) Henry, Jr.". En American Numismatic Biographies. Páxina 318.
  26. "R. Henry Norweb, 89; Former U.S. Diplomat". En The New York Times. 4 de outubro de 1983.
  27. "Norweb, Raymond Henry". Encyclopedia of Cleveland History. Case Western Reserve University.
  28. "Norman Raymond Henry “R. Henry” Norweb Sr.". Findagrave.com
  29. "Emery May Holden Norweb". Findagrave.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]