Abu Dis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abu Dis (en árabe: أبو ديس) é unha cidade da Autoridade Nacional Palestina preto de Xerusalén. Dende 1995 co Acordo provisional sobre Cisxordania e a Faixa de Gaza, Abu Dis forma parte da "Area B", baixo o control conxunto de Israel e Palestina. Segundo o censo da Oficina Central de Estatísticas de Palestina (PCBS), Abu Dis ten unha poboación de 10.782 persoas, datos do 2007.[1]

Límite de Cisxordania e disputas territoriais[editar | editar a fonte]

Barreira israelí de Cisxordania que separa Abu Dis de Xerusalén

O 13 de xaneiro de 2004, Israel comezou a construír a Barreira israelí de Cisxordania. Dende as Nacións Unidas denuciaron que esta barreira dificulta o acceso a escolas, hospitais e traballo. Israel di que o muro se construíu por motivos de seguridade e non por motivos ideolóxicos.[2]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

  • Flag of the United Kingdom.svg Camden, un barrio de Londres no Reino Unido. Dende 2005, moitos residentes de Camden visitaron Abu Dis e moitos residentes de Abu Dis visitaron Camden. As visitas concéntranse en nenos, mulleres e escolas.[3]
  • Francia Reze

Cidadáns importantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abu Dis