Arraba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 32°24′16″N 35°12′12″E / 32.40444°N 35.20333°E / 32.40444; 35.20333 Arraba (en árabe عرّابة, ʻArrābah), tamén Arrabah, Arrabeh ou Arrabet Jenin, é unha cidade da ANP, situada ao norte de Cisxordania, localizada a 13 quilómetros ao sudeste de Jenin. Atópase a 350 metros sobre o nivel do mar e relativamente preto de Sahl Arrabah, unha chaira que se atopa entre o Monte Carmelo e Nablus. Segundo un censo da Oficina Central de Estatísticas de Palestina (PCBS), Arraba ten unha poboación de 9.920, datos do 2007.[1]

Vista de Arraba

No censo palestino de 1922, levado a cabo polas autoridades británicas, Arraba tiña 2.196 habitantes, todos musulmáns.[2] No censo de 1931 incrementou a súa poboación a 2.500 musulmáns con 554 casas.[3] En 1945 a poboación era de 3.810 árabes, con 39.901 dunams de terra, segundo un oficial e a poboación local.[4] 5 dunams utilizáronse para cítricos e plátanos, 3.568 dunams para plantacións e regadios, 23.357 dunams para cereais,[5] mentres que se utilizaron 315 dunams para construcións urbanas.[6]

Residentes famosos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 2007 Locality Population Statistics. Palestinian Central Bureau of Statistics
  2. Palestine: Report and General Abstracts of the Census of 1922. J. B. Barron. 1923. Table IX, Sub-district of Jenin.
  3. Census of Palestine 1931. Population of Villages, Towns and Administrative Areas. Jerusalem: E. Mills. 1932. p. 67. http://ia701204.us.archive.org/15/items/CensusOfPalestine1931.PopulationOfVillagesTownsAndAdministrativeAreas/PalestineCensus1931.pdf.
  4. Government of Palestine, Department of Statistics. Village Statistics, April, 1945. Quoted in S. Hadawi, Village Statistics, 1945. PLO Research Center, 1970, p. 54
  5. Government of Palestine, Department of Statistics. Village Statistics, April, 1945. Quoted in S. Hadawi, Village Statistics, 1945. PLO Research Center, 1970, p. 98
  6. Government of Palestine, Department of Statistics. Village Statistics, April, 1945. Quoted in S. Hadawi, Village Statistics, 1945. PLO Research Center, 1970, p. 148

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arraba