Lingua kikongo
| Kikongo (Kikongo) | ||
|---|---|---|
| Outros nomes: | Kongo | |
| Falado en: | Angola República Democrática do Congo República do Congo |
|
| Rexións: | África Central | |
| Total de falantes: | 10 millóns | |
| Familia: | Níxer-congo Atlántico-Congo |
|
| Escrita: | Alfabeto latino | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | República Democrática do Congo (nacional), República do Congo (dialecto kituba, como lingua rexional) | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | kg | |
| ISO 639-2: | kon | |
| ISO 639-3: | kon | |
| SIL: | KON | |
O kikongo ou kongo é a lingua bantú falada polos habitantes dos bosques tropicais da República Democrática do Congo, do Congo e de Angola.
Índice |
Historia e características [editar]
Foi utilizada como lingua franca nos séculos XVIII e XIX en boa parte de África occidental, especificamente onde os europeos tomaban escravos para levalos para América.
Por esta razón, a lingua kikongo sobrevive aínda, nun grao limitado, no Caribe, mais a maioría dos seus falantes viven en África.
Hai sete millóns de falantes nativos de kikongo, e dous millóns úsana como segunda lingua. É base tamén de varios dialectos para usos comerciais e de intercambio interetnico.
Desde 2006 ten o estatus oficial e legal de lingua nacional na República Democrática do Congo, de acordo a constitución de dito país, xunto ao francés, o lingala, o swahili e o tshiluba.
Un dos seus principais dialectos, o kituba, está recoñecido como lingua rexional na República do Congo.
Dialectos [editar]
As principais formas dialectais do kikongo son: kimañanga, kintandu, kiyaka, kizombo, kiyombe, kisuku, kilaadi, kibuembe, kifioti e kinzamba.
Descrición lingüística [editar]
Morfoloxía [editar]
Comparado con outras linguas bantús, incluíndo os demais dialectos do kikongo, o Kikongo ya Leta ten unhas regras morfolóxicas moi simples, sen prefixos nominais nin verbais, nin existe a concordancia entre os substantivos e as palabras que dependen destes (pronomes, adxectivos ou verbos).[1]