Río Ubangi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ubangi
Ubangi river near Bangui.jpg
O Ubangi preto de Bangui
País República Centroafricana, República do Congo, República Democrática do Congo
Rexión n/d
Nacemento cerca de Yakoma
Altitude n/d
Lonxitude 1.120 km
Caudal medio 2.000 m3/s
Conca 772.800 km2
Desembocadura Río Congo
O Ubangi é o máis importante dos afluentes do Congo pola súa beira dereita

O Ubangi (escrito tamén, á francesa, Oubangui) é un río de cerca de 1.1200 km de lonxitude. É o afluente principal pola marxe dereita do río Congo, na África Central.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Ubangi nace nas proximidades de Yakoma, nos confíns entre a República Democrática do Congo e a República Centroafricana. Xurde da unión dos ríos Mbomou e Uele. Nun principio corre cara oeste durante uns 370 km, para logo virar, nunha ampla curva, cara o suroeste, atravesando de seguido a cidade de Bangui, capital da República Centroafricana.

Ao longo de máis de 100 km despois de Bangui, o río conforma a fronteira natural entre os dous estados, proseguindo logo o seu curso até a confluenza con o río Congo, no que desauga a uns 90 km ao suroeste de Mandaka e a máis de 550 km de Bangui e a fronteira entre as dúas repúblicas do Congo.

A súa conca hidrográfica abranxe 772.800 km2. Se se conta o curso do Ubangi con o do Uele, o río alcanza unha lonxitude de 2.272 km. O caudal medio do Ubangi é duns 2.000 m3/s, pero con ocasión de grandes chuvias pode subir até os 15.000 m3/s.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Entre os afluentes principais do Ubangi, desde a confluenza do Mbomou e o Uele á desembocadura temos:

Os afluentes son máis numerosos pola dereita, xa que o Ubangi ten unha conca disimétrica, a causa da cercanía da bacía do Congo pola súa beira dereita, que capta as augas cara el.

Navegabilidade[editar | editar a fonte]

No seu treito centroafricano, o río, unha vez pasada a cidade de Bangui, tórnase navegábel, polo que constitúe unha das vías de comunicación máis importantes da rexión, sobre todo na época da estación chuviosa, cando moitas estradas e camiños se voltan impracticábeles.

Proxectos[editar | editar a fonte]

Na década do 1960, foi proposto un proxecto para transvasar auga desde o Ubangi para o lago Chad. As augas do río poderían así revitalizar o lago, posibilitando a pesca e a irrigación duns 10.000.000 de persoas centroafricanas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Ubangi