Villalón de Campos
| Villalón de Campos | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Valladolid |
| Comarca: | Terra de Campos |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 169,93 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.890 hab. (INE 2011) |
| Densidade de poboación: | 11,12 hab./km² |
| Xentilicio: | Villalonés/sa |
| Información | |
| Código postal: | 47600 |
| Alcalde: | Javier González Trapote (PSOE) |
| Sitio na web: | www.villalondecampos.es |
Villalón de Campos é un concello español situado ao norte da provincia de Valladolid, en Castela e León, na denominada Terra de Campos e limítrofe coa provincia de Palencia.
A súa poboación é de 1.890 habitantes (2011). Antigamente era moito maior, pero o proceso de decadencia rural en prol das cidades provocou o retroceso demográfico desta localidade. Os habitantes dedícanse principalmente ao sector primario (agricultura e gandería). A súa festa principal está dedicada á Virxe de Fuentes.
Como reseña histórica cabe destacar que foi sede durante os séculos XV e XVI dunha importante feira de compra-venda de gando, baixo o auspicio da familia Pimentel, condes de Benavente, e que tiña notable influencia a nivel comarcal.
A localidade está situada no Camiño de Santiago de Madrid.
Índice |
Demografía [editar]
| Evolución demográfica de Villalón de Campos | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
| 2.168 | 2.168 | 2.101 | 2.056 | 2.008 | 2.019 | 2.040 | 2.024 | 1.990 | 1.971 | 1.942 | 1.915 | 1.911 |
Monumentos [editar]
O Rollo Jurisdiccional que se sitúa nesta localidade é un dos máis destacados de España. Este rolo, foi feito no século XVI, é de estilo gótico e foi declarado Monumento Nacional.
A Igrexa de San Miguel é un templo dos máis relevantes no estilo do gótico mudéxar. Na primeira capela da súa nave do Evanxeo, sitúase o sepulcro do clérigo leonés don Diego González del Barco, de Juan de Juni. Tamén na nave da Epístola sitúase a Virxe co Neno que é atribuída a Berruguete.
Tamén no pobo están a Igrexa de San Juan cun precioso retablo, a Igrexa de San Pedro cunha torre de cinco pisos e a Ermida da nosa Señora de Fuentes situada a tres quilómetros da localidade.
Goberno municipal [editar]
Actual distribución do Concello
|
Partidos políticos no Concello de Villalón de Campos |
||||
|---|---|---|---|---|
| Partido político | Concelleiros | |||
| Partido Socialista Obrero Español (PSOE) |
|
|||
| Partido Popular (PP) |
|
|||
| Partido Independiente de Villalón de Campos (PIVC) |
|
|||