Fontihoyuelo
Fontihoyuelo é un municipio localizado na bisbarra de Tierra de Campos, no norte da provincia de Valladolid, a 78 km da súa capital, na comunidade autónoma española de Castela e León.
Está atravesado polo Camiño de Santiago de Madrid.
Índice |
Toponimia [editar]
Provén do término Fonte Foyolo que en antigo leonés significaría 'fonte no burato', polo que se trataría dunha mistura entre hidrotopónimo e ortotopónimo que faría referencia a unha descrición física, posto que a vila atópase nunha vagoada e ten varias fontes naturais.
Ó longo da súa historia o termo foi evolucionando, atopándonos en escrituras de distintas épocas con Fuent - Fuyuelo, Ontiyuelo, Ontioyuelo, Ontigüelo, Fonte Ôyuelo, Fontefoyuelo, Fuentehoyuelo, Fuentihoyuelo, Fontihoyuelos ata chegar no século XIX ó actual Fontihoyuelo. Nalgúns textos aparece seguido por de Campos facendo referencia a súa bisbarra.
No título Marqués de Fuentehoyuelo conservouse unha forma arcaica do topónimo.
É moi probable que teñan a súa orixe neste topónimo os apelidos de Hontiyuelo e Ontiyuelo.
Historia [editar]
A súa orixe data coma mínimo do século XI, momento no cal atópanse as primeiras referencias sobre a vila en códices do Arquivo da catedral de León, tales coma que na primeira metade do século XI foron donados os lugares de Fontihoyuelo e Gordaliza de la Loma polo rei Fernando I de ós irmáns Gutier e Munio Alfonso. Este derradeiro cásase en segundas nupcias ca condesa Mumadonna, cedéndolle a cuarta parte da vila de Fontihoyuelo, pero ela en 1066 dónaa á diocese de León xunto coa vila de Penilla.
Na idade media pertenceu a merindade de Carrión e foi lugar soarego da familia Cabeza de Vaca.
Nos anos 60 sufriu unha forte emigración, como toda a súa bisbarra principalmente ó País Vasco, Madrid, Valladolid e Asturias.
Xeografía [editar]
Localízase na bisbarra de Terra de Campos, no norte da Valladolid, pertence ó partido xudicial de Medina de Rioseco, na comunidade autónoma de Castela e León.
No seu termo municipal nace un afluente do río Valderaduei chamado río Navajos.
No 2010 tiña censados 36 habitantes aínda que o número de persoas residentes durante todo o ano é inferior, de igual xeito, esta cifra aumenta considerablemente no verán.
Monumentos [editar]
- Igrexa barroca do Salvador.
- Ruínas da igrexa de San Xoán.
- Fonte de varios séculos de antigüidade.
- Pombais que son unha mostra da arquitectura popular desta bisbarra.
Festas [editar]
O 18 de xullo celébrase a festa patronal en honra de Santa Mariña e báilase a tradicional redondilla en torno á igrexa. A mediados de agosto faise un voto a San Roque por libera-la vila da peste na Idade Media.
Economía [editar]
É unha vila eminentemente agrícola con 1630 Ha de terreo cultivable e tamén gandeira cunha explotación de bovino de leite e outra de ovino. Tamén ten unha casa rural chamada "El Braserillo".