Especies ameazadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Exemplar de Pita do monte, especie en perigo de extinción en Galicia.

Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.

Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa explotación económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura e gandaría coa preservación da cobertura vexetal e por tanto da diversidade da flora e da fauna.

O estado de conservación dunha especie é un indicador da probabilidade de que esta especie ameazada continue a existir. Os factores usados nesta clasificación inclúen a amplitude da área de distribución da especie, o nivel de ameaza a que está suxeita, a variación do tamaño da poboación, e outros.

Entre as clasificacións do estado de conservación das especies animais e vexetais, a Lista Vermella da UICN é a máis coñecida.

A UICN usa as seguintes categorias:

  • Extinta EX: o último representante de especie xa morreu, ou suponse que teña morrido. Exemplo: Dodo.
  • Extinta na natureza EW: existen individuos en cativeiro, mais non hai máis poboacións naturais. Exemplo: Dromedario.
  • Crítica ou criticamente ameazada CR: sofre risco extremamente alto de extinción nun futuro próximo.
  • En perigo EN: sofre risco moi alto de extinción nun futuro próximo.
  • Vulnerábel VU: sofre alto risco de extinción a medio prazo. Exemplos: Guepardo, Camelo da Bactria
  • Case ameazada NT: aínda non sofre risco de extinción, mais as ameazas sobre ela son crecentes.
  • Segura ou pouco preocupante LC: non sofre ameaza inmediata a súa sobrevivencia.

Exemplos de especies ameazadas[editar | editar a fonte]

Mamíferos ameazados[editar | editar a fonte]

Aves ameazadas[editar | editar a fonte]

Réptiles ameazados[editar | editar a fonte]

Anfibios ameazados[editar | editar a fonte]

Peixes ameazados[editar | editar a fonte]

Crustáceos ameazados[editar | editar a fonte]

Artrópodos ameazados[editar | editar a fonte]

Plantas ameazadas[editar | editar a fonte]

  • Tecophilaea cyanocroccus

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]