Peto pequeno
| Peto pequeno | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
macho |
|||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||
| ''Dendrocopos minor'' (Linnaeus, 1758) |
|||||||||||||||||
|
Distribución global de Dendrocopos minor.
|
|||||||||||||||||
|
Distribución do peto pequeno en Galicia.
|
|||||||||||||||||
O peto pequeno,[1] (Dendrocopos minor), é o máis pequeno dos petos europeos. Pertence á familia dos pícidos.
Índice |
Descrición[editar]
Cunha lonxitude de 14 a 15 cm, trátase do máis pequeno dos paxaros carpinteiros, co dorso riscado de branco e negro; gorxa e peito brancos coas partes inferiores claras, riscadas en negro; ás negras pintadas en branco; crista vermella no macho, negra nas femias.
Distribución[editar]
Distribúese pola rexión Paleártica, dende a Península Ibérica até Kamchatka e Xapón, localizandose entre as latitudes, 35º N e 70º N.
En España a especie considérase sedentaria, con dous grandes núcleos de poboación, o primeiro abranguindo unha franxa ao norte, dende Asturias e León até a zona noroccidental de Aragón e o segundo ocupando toda a área suroccidental de Castela e León, norte de Extremadura, Comunidade de Madrid e Guadalaxara. No resto peninsular a súa aparición é puntual e dispersa, estando ausente de grandes zonas do centro e leste peninsular, así como de Canarias e Baleares.
Hábitat[editar]
Habita carballeiras, bosques de chopos, e bosques mixtos, soutos e arboredas non moi espesas con preferencia en ecosistemas fluviais, aparecendo tamén en áreas abertas con árbores vellas.
Na península ocupa os mesmos hábitat na zona norte e no núcleo castelán-estremeño tamén bosques, pero con preferencia as devesas, carballeiras, e soutos de ribeira.
Aniña en árbores vellas, mesmo en xardíns grandes, localizandose dende o nivel do mar até os 1.400 msnm, aínda que tamén poden criar en túneles escavados en noiros dos ríos.
Ameazas[editar]
A perda e fragmentación de hábitat, sobre todo por tallas de bosques con arboredo maduro, a desaparición dos bosques de ribeira, a reforestación con arboredo de crecemento rápido e os incendios forestais.
Notas[editar]
- ↑ Dendrotocos minor No libro vermello das aves reprodutoras de España. Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño.
- Blanco, J. C. e J. L. González (eds.). Libro Rojo de los Vertebrados de España. ISBN 978-84-8014-711-8.