Fragmentación do hábitat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fragmentación de hábitat»)
Fragmentación e destrución do hábitat dos grandes simios en África Central. Información de GLOBIO e o proxecto GRASP

A fragmentación do hábitat é un proceso de cambios ambientais importante para a evolución e bioloxía da conservación. Como o seu nome implica, describe a aparición de descontinuidades (fragmentación) no ambiente que habita un organismo (e que implica cambios no seu hábitat). A fragmentación de hábitat pode ser causada por procesos xeolóxicos que paseniñamente mudan a configuración do medio ambiente físico, ou por actividades humanas, por exemplo, a conversión de terras, o cal pode alterar o ambiente dunha forma moito máis rápida na escala de tempo. Considérase que os procesos xeolóxicos sexan unha das principais causas de especiación (fundamentalmente a especiación alopátrica), mentres que as actividades humanas estarían implicadas na extinción de moitas especies.

Un caso de fragmentación de hábitat é a causada polos humanos cando a vexetación nativa é removida para instalar produción agrícola, desenvolvemento rural ou plan urbano. O hábitat que algunha vez formaron unha unidade, fican separados en fragmentos illados. Despois dunha limpeza intensiva do terreo, os fragmentos de hábitat tenden a converterse en illas separadas por camiños, estradas, pastos ou terreos baldíos.

No termo fragmentación de hábitat pódense considerar seis procesos discretos:

  • Redución da área total do hábitat.
  • Incremento da cantidade de delimitacións.
  • Decrecemento da cantidade de hábitat interior.
  • Illamento dun fragmento do hábitat doutras áreas do mesmo.
  • Ruptura dun sector do hábitat en subsectores máis pequenos.
  • Decrecemento do tamaño medio dos sectores dun hábitat.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En inglés